venres, 7 de xuño de 2019

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

Achegámosvos o calendario escolar do vindeiro curso 2019/ 2020


FESTA FIN DE CURSO

Xa está aquí o fin de curso e querémolo celebrar con todos/as vós na xa clásica festa de fin de curso, esperámosvos a tarde do venres 21 de xuño. Agradecemos a colaboración das familias tanto na organización da festa como achegando algo de comida para a merenda. Vémonos na festa!


martes, 4 de xuño de 2019

ROTEIRO O RÍO DOS DOUS NOMES. COIRÓS


O pasado 1 de Xuño, un grupo de 68 persoas socias da ANPA gozamos do roteiro familiar "O río dos dous nomes" no concello de Coirós.

Tivemos un día de moita calor pero iso non foi impedimento algún para cargar coas mochilas e emprender una fermosa ruta chea de molinos, fervenzas, e vexetación case salvaxe. A ruta permitiunos contemplar os tramos mais fermosos do rio Vexo.

Foi una ruta circular onde conectamos coa natureza e convivimos con outras familias do cole.

Queremos darlle as grazas a Jacobo e Cristina os nosos guías e a Isabel a conductora do autobús, por ser pezas importantes nesta xornada, e agradecervos a todas as familias a vosa participación que esperamos sexa a primeira de outras rutas xunt@s.

Deixamos algunhas mostras da actividade:













luns, 3 de xuño de 2019

Menú Xuño



Achegamos o menú de xuño, o mércores 19 os rapaces e rapazas do comedor desfrutarán dunha festa picnic na zona de herba do patio (sempre que o tempo o permita).


Bolsa Picnic- Excursión fin de curso

Recordamos ás familias que Viva pon a disposición, só aos usuarios/as fixos do comedor,  que o precisen una "bolsa picnic" (bocadillo de peituga de polo, froita e auga) para levar a excursión de fin de curso o luns 17 de xuño
As familias interesadas terán que comunicarllo o ANPA cubrindo este formulario ata o xoves 13 de xuño

CONVOCATORIO DE ASEMBLEA XERAL 10 DE XUÑO


venres, 24 de maio de 2019

Probas de reválida

Achegamos comunicado da Federación e CONFAPA-GALICIA en relación coas probas de evaluación dos vindeiros días 28 e 29 de maio , e modelo de xustificante da ausencia do alumnado para entregar ás familias que decidan non enviar aos seus fillos a someterse as devanditas probas.

martes, 21 de maio de 2019

Aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar curso 2019-2020

Desde hoxe martes 21 de maio está aberto o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20. ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Tipos de axudas: Segundo o curso no que vaia a participar o alumnado poderáse solicitar unhas axudas ou outras
  • Axudas para a compra de libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial
  • Préstamo de libros: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO
  • Axudas para material escolar: Primaria, ESO e Educación Especial
Prazo de solicitude: desde o 21 de maio ata o 20 de xuño

Documentación a presentar e lugar: 
    • Copia do DNI ou NIE dos membros computables na unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

    • Copia do libro de familia onde figuren todas as persoas computables da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, a día 31 de dicembro de 2017, non coincide coa reflexada no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de persoas da unidade familiar, tales como: 
                    Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador onde conste la custodia do alumnado.
                        Certificado ou volante de convivencia.
                       Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.
    • Declaración da Renda do ano 2017, cando non autoricen a consulta telemática.

    • No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % de algunha persoa da unidade familiar, documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de dicembro de 2017.

    • No caso de situación de violencia de xénero: documentación acreditativa.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

xoves, 16 de maio de 2019

XV XORNADAS EDUCACIÓN EN IGUALDADE. A Coruña - 31/05/2019


Dende a Subdirección de Promoción da Igualdade vanse celebrar unhas xornadas de nais e pais que levan por título “Educar en igualdade: Coeducación e prevención da violencia de xénero desde as familias”. Estas xornadas realizarase na cidade da Coruña o día 31 de maio ás 17h na Delegación Territorial da Xunta de Galicia (praza de Luis Seoane, s/n).

Xúntovos o enlace da páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade na que está a documentación das xornadas.


Durante a xornada funcionará un servizo de atención a menores (de 12 meses a 10 anos) baixo petición ao correo electrónico xornadas.igualdade@xunta.gal.

Xa que a capacidade é limitada, a admisión será por rigorosa orde de inscrición. As inscricións deben remitirse tamén ao enderezo xornadas.igualdade@xuntagal ata o día 29 de maio.

Se tedes algunha dúbida podedes tamén chamar aos teléfonos 981 545 360 e 981 545 312.

 

 

mércores, 15 de maio de 2019

CAMPACOLE VERÁN 2019

A Federación, pon a nosa disposición a oferta de programas que nos axuden a conciliar

Lembrade que temos aberto o prazo ata o 16 de maio para o programa CÓXEGAS.

 CÓXEGAS (do 3 ao 21 de xuño) Este programa de conciliación desenvolverase os días lectivos do mes de xuño. Isto é, de luns a venres en horario de 16​:00​ a 18​:00 horas dende o luns 3 de xuño ata o venres 21 de xuño.

Prazo de inscrición: ate o 16 de maio.

Custo do programa: 15 € / participante.

 
A Federación abre o prazo do 21 ao 24 de maio para a inscrición no programa CAMPACOLE. Este ano seremos sede.
 
CAMPACOLES (do 2​5 ​de ​xuño ao 26 de xullo) Programa que baixo o formato de campamento urbano, ofrece a posibilidade de manter cobertura horaria similar á do período escolar coa ampliación de servizos como madrugadores​ (con ou sen almorzo)​ e comedor.

Este programa estival de recreación desenvolverase de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o martes​ 2​5​ de xuño ata o venres 26 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes.

Prazo de inscrición: do 20  ao 24 de maio.

QUENDAS E COTAS:

Quenda 1: Do 2​5​ ao 28 de xuño. De 10:00 a 14:00h. 15€

Quenda 2: Do ​1 ao 5 de xullo. De 10:00 a 14:00h. 15 €

Quenda 3: Do 8 ao 12 de xullo . De 10:00 a 14:00h. 15 €

Quenda 4: do 15 ao 19 de xullo. De 10:00 a 14:00 h. 15 €.

Quenda 5: do 22 ao 26 de xullo. De 10:00 a 14:00 h. 15 €.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
 

Madrugadores: de 8:00 a 10:00 h.

- Con almorzo: 15 €/quenda.

- Sen almorzo: 10 €/quenda.

(De ser preciso, pode barallarse a posiblidade de apertura ás 7:45, previa solicitude da ANPA)
 

Comedor: de 14:00 a 15:30 h.: 20 €/quenda.

 
SEDES

- CEIP CURROS ENRÍQUEZ

- CEIP JUAN FDEZ. LATORRE* (CEIP ANXO DA GARDA).

- CEIP MANUEL MURGUÍA.

- CEIP SAGRADA FAMILIA.

- CEIP SAN PEDRO DE VISMA

- CEIP SANJURJO DE CARRICARTE

* O CEIP ANXO DA GARDA, solicitou ser sede pero por proximidade e optimización de recursos, decidiuse unir como centro adscrito ao CEIP Juan Fernández Latorre. Neste caso tamén terán a mesma prefencia á hora de inscribirse que a propia sede e aumentando o máximo de participantes a 60 escolares por quenda.


​Xa temos no local os trípticos por si queredes recollelos para cubrilos,
 




EXHIBICIÓN NATACIÓN MUNICIPAL

Dende o Servizo municipal de deportes, infórmannos que a Campaña de Natación Escolar rematará na semana do 27 ao 31 de maio.
Nesa semana celebrarase unha xornada de portas abertas para que nais e pais que desexen, poidan acudir pola sua conta á piscina, no horario da actividade.