Xoves 26 de setembro, 16:15, no salón de actos
venres, 20 de setembro de 2019
venres, 13 de setembro de 2019
Campaña de natación escolar curso 2019-2020
A Campaña de natación escolar 2019/2020 promovida polo Concello de A Coruña está dirixida ao alumnado de 3° e 4° de Educación Primaria.
Levarase a cabo na piscina do Clube do Mar os mércores de 16:30 a 17:15 horas, iniciando a actividade o 2 de outubro.
Custo: 53,47€, esta cota inclúe o traslado en autobús desde o centro educativo e unha cobertura sanitaria.
Prazas ofertadas: 20
Inscrición e pago: asignaranse as prazas por orde de inscrición presencial no local da ANPA, onde se pagará a cota correspondente nese momento (agradecemos traiades o importe exacto), e se cubrirán as autorizacións.
Podedes realizar a inscrición os seguintes días:
Martes 17 de 16:00 a 17:00 horas
Mércores 18 de 9:00 a 11:00 horas
Xoves 19 de 16:00 a 17:00 horas
Venres 20 de 9:00 a 10:00 horas
xoves, 12 de setembro de 2019
REUNIÓN INFORMATIVA ACTIVIDADES 2019-2020
O luns 16 de setembro ás 16:30 h no salón de actos, temos unha
reunión informativa para resolver todas as vosas dúbidas sobre
as actividades propostas para este curso, contaremos coa asistencia
do monitorado das novas actividades e de aquelas nas que podan
darse cambios significativos, esperámosvos!!
DEIXÁMOSVOS NESTE ENLACE O CADRO DE ACTIVIDADES ACTUALIZADO
DEIXÁMOSVOS NESTE ENLACE O CADRO DE ACTIVIDADES ACTUALIZADO
mércores, 11 de setembro de 2019
venres, 6 de setembro de 2019
ACTIVIDADES CURSO 2019 2020
ACTIVIDADES OFERTADAS DENDE A FEDERACIÓN DE ANPAS:
Achegamos o tritico informativoncos prazos e cuotas das actividades ofertadas pola federación de anpas (enlace co tríptico informativo), podedes ver as actividades no cadro que achegamos.
Para facer todo máis operativo e sinxelo este curso realizarase a inscrición on line
INCRICIÓN: Cada familia, utilizando este formulario online aberto ata o 20 de setembro, farase unha inscrición por alumno/a na que se inclúe, como campo obrigatorio a cubrir, a petición dos datos de domicialición bancaria. Unha vez rematado o procedemento de recepción de todas as solicitudes, informarémosvos de aquelas actividades que reuniron o número esixido de participantes para desenvolvela.
Persoas Becadas: Debido ao retraso por parte do Concello da resolución das solicitudes de bolsas de comedor, os escolares solicitantes das bolsas deberán cubrir igualmente o apartado dos datos bancarios. Non se lles pasará o recibo devengado do mes de setembro ate a confirmación da concesión ou denegación da bolsa de comedor. Se teñen concedida a axuda, deberán comunicarllo á Federación vía email a ocio@fedapascoruna.org , tendo de prazo ate o día 5 de outubro. No caso de non ser beneficiarios da bolsa, procederemos ao cobro dos recibos que lles correspondan entre os días 5 e 10 de outubro. Os escolares beneficiarios das axudas están exentos de calquera cota, incluida a do seguro de accidentes.
Importante:
- O cobro das actividades faráse por domiciliación bancaria e nos 10 primeiros días do período cargaráse a cota correspondente.
- Os gastos derivados da devolución dos recibos correrán pola conta do usuario.
- Unha vez inscrito nos programas de ocio Educativo e Deporte no Centro, a renovación da inscrición para os seguintes períodos realizaráse automáticamente. Se non desexa continuar na actividade, deberá comunícalo via e-mail a ocio@fedapascoruna.org nos 15 días anteriores á finalización do período no que está inscrito.
NATACIÓN ESCOLAR: Este programa depende do Servizo Municipal de Deportes, tan pronto recibamos a información faremovola chegar.
ACTIVIDADES PROPIAS DA ANPA
A solicitude farase a través deste formulario aberto ata o 20 de setembro
A solicitude farase a través deste formulario aberto ata o 20 de setembro
unha vez finalizado o prazo comunicaremos as actividades que consiguen facer grupo e saen adiante.
COBROS: igual que o ano pasado a mensualidade das actividade pagaranse directamente o monitorado.
REUNIONN INFORMATIVA ACTIVIDADES:
O luns 16 as 16:30 horas no salon de actos da escola.
RECORDÁMOSVOS QUE PARA ACCEDER AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES TENDES QUE SER SOCIAS DA ANPA PODEDES DARVOS DE ALTA NESTE ENLACE
Neste enlace podedes consultar o cadro de actividades completo e tarifas
RECORDÁMOSVOS QUE PARA ACCEDER AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES TENDES QUE SER SOCIAS DA ANPA PODEDES DARVOS DE ALTA NESTE ENLACE
Neste enlace podedes consultar o cadro de actividades completo e tarifas
mércores, 4 de setembro de 2019
LISTADO PROVISIONAL BECAS COMEDOR 2019/20
deixamosvos no seguinte enlace o esperado listado provisional de becas comedor para o curso 2019/2020
LISTADO PROVISIONAL BECAS COMEDOR
martes, 3 de setembro de 2019
COMUNICADO DE JARDANAY SOBRE AS BECAS COMEDOR 2019/2020
Dado o atraso na tramitación das bolsas comedor para este curso 2019/2020 e as dúbidas que nos están xurdindo a todos Jardanay, a nova empresa que dará o servizo de comedor este curso mándanos este comunicado para as familias pendentes da resolución da beca.
COMUNICADO JARDANAY BECAS COMEDOR 2019/20
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS FASE DE APOIOS
As nosas propostas pasaron á seguinte fase, agora toca votar e conseguir apoios para poder chegar á fase final. deixámosvos aquí as ligazóns das dúas propostas. Recordade que a fase de apoios este ano so dura do 3 o 9 de setembro. VEÑA VOTADE E COMPARTIDE, A VER SE O CONSEGUIMOS!!
Novo edificio no CEIP Sanjurjo de Carricarte para uso do alumnado e do barrio
COXEGAS SETEMBRO 2019
COXEGAS
O programa Cóxegas é unha proposta que xurde como resposta a demanda das familias para poder conciliar a vida familiar e laboral ata o último día do curso escolar.Os obxectivos do programa son os seguintes:
- Afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia.
- Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e das nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.
PERÍODO DE REALIZACIÓN
Período1: do 11 ao 30 de setembro de 2019
Período 2: do 1 ao 19 de xuño de 2020
HORARIO
De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h.
PERSOAS DESTINATARIAS
Nenos e nenas matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña,
precisando un mínimo de 10 escolares inscritos para a formación de grupo
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así coma
actividades lúdicas de animación teatral, plástica ... baixo un enfoque integrador onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas, mediante a creación dunha aventura virtual nestas tres semanas de duración.
PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
Período 1: do 2 ata o 6 de setembro
inscrición online no seguinte enlace (cubride só a parte de coxegas, para o resto de actividades da federación de ANPAS fixaremos outra data, proximamente)
FORMULARIO ALTA COXEGAS SETEMBRO 2019

martes, 16 de xullo de 2019
FESTA FIN DE CURSO 18/19
O
pasado 21 de Xuño celebramos o fin do curso 18/19 e démoslle a benvida o verán,
nesta ocasión organizamos una chea de actividades para as familias, tivemos
animación musical, bailes, xogos e coreografías, festa da escuma, e una
caravana de xogos populares na que todos e todas participamos e desfrutamos.
Grazas
a todas as familias da ANPA por este ano, quédanos a alegría de ter construído,
compartido, desfrutado dun lugar mellor para as nosas fillas e fillos.
Cargade
as pilas que para o ano maís.
"Sementade nos
nenos e nenas ideas boas,aínda que non as entendan; os anos encargaranse de
descifralas no seu entendemento e de facelas florecer no seu corazón" (Maria
Montessori)
"A primeira tarefa da educación é axitar a vida e deixala ceibe para que se desenvolva"(Maria Montessori)
"Todas as cousas son imposibles, mentres as parecen" (Concepción Arenal)
"Cuán bela e caprichosa é a alegría!" (Rosalía de Castro)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)