venres, 22 de novembro de 2019

TERCEIRA SEMANA. O SANJURJO CON LENTES VIOLETAS


O martes 19 continuamos coa segunda sesión de ciberseguridade na que reflexionamos sobre o acoso nas redes, como detectalo e atallalo. Facilitáronnos recursos web de orientación para estar informados e informadas.

A especialista recoméndanos en lugar de prohibir o uso das redes, observar, controlar, limitar e actuar para educar, acompañar e supervisar.

Outras recomendacións son:

  • Evita ameazas e ultimatum
  • Fala con claridades das vantaxes e dos riscos das novas tecnoloxías.
  • Racionaliza e retarda o acceso o primeiro dispositivo
  • Establece normas e limites de uso para toda a familia.
  • Ponte al día en redes sociais
  • Interésate polas súas relacións nas redes e ensina a respectar aos/as demais
  • Traballa a comunicación, empatía e a resolución de conflitos.
  • Ensina a aproveitar as potencialidades das redes pero non a depender delas.
  • Preocúpate polas aficións e intereses tanto na vida real como na online.
  • Fomenta o respecto a privacidade
  • Fomenta unha autoestima positiva e reforza actitudes asertivas
  • Respecta a intimidade e dialoga.

 




 

Ante o acoso nas redes, actúa, debemos transmitirlle aos nosos fillos e fillas:

  • Non rirse co que agrede
  • Non darlle audiencia ao que agrede
  • Cambiar de escena ao que agrede, veña vámonos
  • Cambiar de escena á persoa agredida, veña vámonos
  • Involucrar ao resto do alumnado
  • Ofrecer publicamente amistade a persoa agredida
  • No participar de rumores e bulos
  • Dicirlle o agredido que non se está de acordo co sucedido
  • Acompañar ao agredido para que fale cun adulto
  • Comunicarllo a un adulto o ocorrido.



O 21 de novembro levamos a cabo a última sesión de Medrando en Igualdade, "Artefactoría, liberando emocións" traballamos sobre os mitos do amor romántico para rachar en cada un deles os estereotipos construídos, aprendemos que os celos no son unha mostra de amor, que non vivimos incompletas esperando a nosa media laranxa, etc.











Nun segundo momento reflexionamos sobre o deporte coma un espazo de aprendizaxe onde se perpetúan as desigualdades de xénero, incidindo na práctica deportiva do fútbol como lugar  seguro onde a construción da masculinidade machista é protexida.


















 
Por último adicamos un espazo para nos mesmas, e visualizamos un mundo mellor dentro de 20 anos, aínda que utópico moi motivador para darnos forzas e seguir traballando para educar en igualdade aos nosos nenos e nenas. Para deixar constancia delo, de forma artística liberamos as nosas emocións construíndo un mural con debuxos e ideas por un mundo mais igualitario.

Unha forma de crear unha obra colectiva, dando saída dunha maneira artística ás violencias coa finalidade de desterralas das nosas vidas.



Paralelamente celebráronse un obradoiro para as crianzas para seguir traballando por integrar a igualdade de xénero nas súas vidas.




Con estas sesión rematamos parte do proxecto "O Sanjurjo con lentes violetas" subvencionado pola Secretaria xeral de Igualdade, e non queremos deixar pasar a oportunidade de agradecervos a todas as persoas das mais de 100 que participáchedes dos obradoiros ofrecidos, foi un pracer partillar con todas e todos vos sobre como educar en igualdade.



 

 

 

 

 

luns, 18 de novembro de 2019

TRABALLOS GAÑADORES. CONCURSO CON LENTES VIOLETA

Hoxe reuniuse o xurado do concurso de fotografía "Con lentes violetas" formado polo profesorado Carlos e Zulima, unha nai e un pai, Rocio e Marcos, unha nena e un neno, Maruxa e Roi e unha persoa representante da ANPA, Eva, e este é o resultado das suas deliberacións unha vez analizadas as 25 fotografías recibidas:

1. Premio. "Receita de futuro"- Eire (5 anos)



2. Premio. " Sempre en loita"- Miranda (4 anos)




3. Premio.  "Igualdade"- Elena


Parabens as persoas gañadoras, moitas grazas a todas as participantes e o xurado.

O 25 de novembro está prevista a entrega de premios e a inauguración da exposición de fotografía.

venres, 15 de novembro de 2019

SEGUNDA SEMANA. O SANJURJO CON LENTES VIOLETAS


O martes 12 de novembro, seguimos por segunda semana co programado no proxecto "O Sanjurjo con lentes violetas" subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, nesta ocasión celebrouse a primeira sesión  sobre como protexer as e os nosos menores da rede.
Grazas a Montse, psicóloga da asociación ADAFAD reflexionamos sobre se o uso das redes é unha oportunidade ou un risco. Compartimos as nosas inquedanzas e preocupacións.
Montse tróuxonos estudos recentes sobre o uso das redes publicadas polo INE no ano 2019, onde reflíctese que o 96 % dos e das menores de 15 anos teñen acceso a Internet.
Aquí podedes consultar os resultados.
Falamos dos riscos, entendendo o uso en número de horas, o lugar ou o tipo de interaccións que facemos das redes poden darnos unha orientación de se este é abusivo e adecuado.
Incidimos no sexting, ciberacoso, groming, etc… como formas de violencia e acoso a través das redes, analizando como desde a familia podemos traballar estes conceptos para guiar aos nosos fillos e fillas nun uso adecuado das novas tecnoloxías.



O 14 novembro ás 12h no salón de actos o alumnado de primaria gozou da representación do Planeta LGTB da man de Caxoto e A Trastenda dos Contos.

O planeta M´BURRO é (como o nome ben di) moi aburrido. Alítodo é monótono, todo o mundo viste igual, as comidas saben todas ao mesmo, as familias son sempre pai/nai/fillo/filla, … Cando un M´burrido ven de expedición á terra observa que aquí nos gusta moito a diversidade. As persoas visten distintas, cada comida é un mundo de sensacións, … e o máis curioso, as familias non son todas idénticas: hai familias cunha nai e un pai, familias con dúas nais, con dous pais, monoparentais, monomarentais, …
Unha maravillosa viaxe interplanetaria para poñer en valor a diversidade de gustos, apetitos e atraccións.


O 15 de novembro levamos a cabo a segunda sesión de medrando en igualdade, nesta ocasión empezamos traballando sobre a corresponsabilidade nos nosos hogares, reflexionamos sobre a evolución natural dos e das menores na adquisición de patróns diferenciais e a creación da conciencia de xénero, coñécemos o principio de pitufina e o test de Bechdel que analiza os films para categorizalos como sexistas ou non, iniciamos o coñecemento do mito do amor romántico desmontando os conceptos de príncipe e princesa, tamén fixemos unha reflexión sobre a comunidade Gamer e a visión dos estereotipos de xénero nos videoxogos, analizamos a importancia da linguaxe non sexista a través dos medios de comunicación e en especial das cancións, e o final da sesión fixemos unha dinámica para entender mellor como funcionan as violencias en contextos familiares e grupais e como as temos naturalizadas e, por tanto, as transmitimos ás nosas crianzas. Construímos unha mini Guía para o bo trato aplicable, sinxela e práctica, que poida servir de orientación no día a día.
Nesta sesión visualizamos varios videos, que vos deixamos por si queredes consultalos:
Princesas de cuento. 2x22 El Tornillo.
Ni malas, ni vuestras



Paralelamente executouse o obradoiro infantil onde reflexionaron sobre os estereotipos de xénero e debatiron sobre os espazos de xogo na contorna educativa, analizaron como poder distribuír os espazos para que o fútbol non monopolice a tipoloxía de xogo e as relacións entre iguais.  
Leron contos para identificar cales son os roles das personaxes masculinas e femininas e darlles a volta. E debuxaron libremente mentres reflexionamos sobre a temática.

A próxima semana será a última do proxecto, así que vos esperamos o martes coa segunda sesión de ciberseguridade e o xoves coa última sesión de medrando en igualdade.
Lembrade que este domingo remata o prazo para presentar as vosas fotografías ao Concurso con Lentes Violetas, o luns 18 reunirase o xurado, formado por profesorado, familias, alumnado e persoal da ANPA ( Zulima, Carlos, Rocio, Marcos, Elba, Roi e Eva)  para decidir as tres fotografías gañadoras. Damóslle as grazas por formar parte do xurado :)


 



martes, 12 de novembro de 2019

MAGOSTO. Asoc.VECIÑAL MONTE ALTO



Desde a Asoc. Vecinal de Monte Alto invítannos este sábado día 16 de novembro a partir das 18h, a celebrar o Magosto do noso Patio na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte.
https://avvatochasmontealto.wordpress.com/2019/11/12/vivindo-o-barrio-o-magosto-do-noso-patio/
Ás 18h, gozaremos cun conta contos no que Caxoto relatará historias sobre o Magosto, para animar a nenas e nenos a probar e gorentar as castañas.
A continuación, arredor das 19h, a ANPA do Sanjurjo de Carricarte presentaranos o proxecto O Noso Patio, ideado para mellorar o espazo de recreo do centro coa participación de pais e nais, profesorado e alumnado.
E para rematar a Festa, contra as 19:30h coñeceremos mellor a Cántigas da Terra, unha entidade centenaria con sede no noso barrio, que nos ofrecerá un Concerto didáctico.
Todo isto acompañado por suposto con castañas e petiscos para todas as persoas asistentes, agardámosvos!

luns, 11 de novembro de 2019

OBRADOIROS IGUALDADE DE XÉNERO. O SANJURJO CON LENTES VIOLETAS


O 5 de novembro arrancamos coa primeira das acións do Programa "O Sanjurjo con Lentes Violetas", un programa creado pola ANPA e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade co obxecto de promover a igualdade real entre mulleres e homes e a prevención e rexeitamento das violencias machistas, dando continuidade ao proxecto de centro MULLERES desenvolto polo profesorado no curso escolar 2018-2019.

Aquí podes consultar todo o programa: 

Patricia Sánchez. mestra, responsable de igualdade na nosa escola, presentounos o plan de igualdade do CEIP, que podedes consultar neste enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanjurjo/node/17 , e falounos tamén doutros protocolos de interese para a comunidade educativa entre eles o  Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, podedes consultalos neste outro enlace 

Mantivemos unha conversa sobre o proxecto Mulleres, traballado o pasado curso escolar e diferentes propostas, tanto por parte do CEIP como das familias e alumnado, para darlle continuidade. Grazas Patricia polo teu tempo e adicación e grazas as familias que vos achegáchedes e compartichedes as vosas ideas, en especial a un grupo de alumnas que foron quen de expoñer diferentes propostas para mellorar a convivencia e igualdade na escola.







O grupo de traballo pola igualdade Fiadeiras, pertencente ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, presentaronnos a súa publicación "Machismos: de micro nada" e a súa proposta de Protocolo de comunicación non sexista. Da man de Natalia Domínguez Galán e Tania Merelas Iglesias, ampliamos coñecementos en materia de estereotipos de xénero e como estes xeran compartamentos machistas adquiridos, compartiron con nós un decálogo de boas prácticas en educación para a igualdade e diferentes recomendacións literarias. Todos deberíamos ser feministas e Querida Ijeawele.Como educar en el feminismo de Chimamanda Ngozi Adichie.


Foi unha tarde na que afondamos nos machismos e na necesidade dos feminismos e coeducación nos centros de ensino, queda moito camiño por percorrer,  en comunidade e compartido o camiño será máis doado e enriquecedor. Moitas grazas Fiadeiras por aceptar o noso convite.








O xoves 7 de novembro contamos coa presenza de profesionais especializadas Olalla Barro e Rosalia da Sociedade cooperativa Rexenenerando nesta primeira sesión fixeron unha aproximación conceptual sobre o sistema sexo-xénero, estereotipos de xénero, roles,conciliación, corresponsabilidade, violencia de xénero/violencia machista, etc. Reflexionamos sobre a brecha de xénero, teito de cristal, a educación diferencial e a importancia da familia como axente socializador clave na educación en igualdade dos nosos nenos e nenas.





Paralelamente levouse a cabo un obradoiro dirixido as nenas e nenos de 3 a 12 anos, onde a través do xogo reflexionouse sobre os estereotipos de xénero e baixo o título Quen fai que? Quen xoga a que? A través de varias dinámicas reflexionouse sobre a corresponsabilidade entendido como o reparto das tarefas domésticas e de coidados nas familias.






Moitas grazas a Rexenerando por esta primeira sesión, seguiremos aprendendo e gozando nas seguintes. Lembrade que será o xoves 14 de novembro ás 16.30h.


venres, 8 de novembro de 2019

LISTAXES DEFINITIVAS BOLSA COMEDOR 2019 / 2020



Deixámosvos o enlace a noticia e as listaxes definitivas

Prazo de presentación do anexo 2
11 ó 22 de Novembro

Lugar de presentación do anexo 2.
É imprescindible presentalo nos dous lugares indicados e pola orde establecida

1º NO REXITRO MUNICIPAL
2º NO CENTRO ESCOLAR (BUZON DA ANPA)