xoves, 30 de marzo de 2017

Novas!

Onte publicouse na páxina do concello a nova sobre o inicio da reforma do patio do cole. Aquí tedes o enlace. En Coruña online tamén o contan, e ademáis, teñen o plano de cómo quedará o cole.


Qué vos parece?

luns, 6 de marzo de 2017

Folga 9 de marzo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha folga para o xoves día 9 de marzo en todos os niveis educativos co fin de reclamar a derrogación da LOMCE

Festivo local

Por se alguén anda despistado, o próximo mércores 8 de marzo é festivo local. Seguro que é un bo día para visitar calquera dos museos científicos da cidade, que terán entrada libre. 


luns, 20 de febreiro de 2017

Escolarizando

O día 1 de marzo comeza o periodo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2017-2018. Teremos ata o día 20 para pensar cal é o centro que preferimos para escolarizar ós nosos fillos, e facer ben as contas dos puntos que teremos para acceder a un centro ou a outro.
Na web educativa do Concello temos toda a información necesaria sobre este proceso: os mapas das zonas de influencia de cada centro, a documentación a presentar, a valoración de cada un dos criterios do baremo (irmáns no centro, renda, discapacidade...)
Moitos dos centros da cidade abren estos días as portas para que as familias poidan coñecelos mellor: as instalacións, o funcionamento do centro, parte do equipo docente... É un bo momento para botar un ollo ós coles que nos interesan e decidirnos por un.
O noso cole celebrará a xornada de portas abertas o día 23 as 17.00.
¡Que teñades sorte!

venres, 10 de febreiro de 2017

Taller de máscaras

O sábado 18 de febrero comenzará as 17:00 un taller de máscaras que acabara as 19:00 no cole. Será feito por Ignacio Pérez, poden vir nenos de calquer centro.
É necesario anotarse no ANPA. O prezo dependerá do número de asistentes.

luns, 6 de febreiro de 2017

Escola de familias

Chéganos esta información desde Attendere sobres uns talleres que realizan mensualmente de febreiro a xuño. O primeiro taller, sobre a Fisioterapia respiratoria, terá lugar o sábado 18 de febreiro. Tedes todolos detalles neste enlace

xoves, 2 de febreiro de 2017

Elefante Elegante

Como moitos sabedes, a compañía Elefante Elegante son quen nos amosa todos os venres no cole a maxia do teatro.
Os próximos días 17 e 18 de febreiro estrearán no Teatro Rosalía de Castro o espectáculo Tropical.
Podedes mercar as entradas en ticketea, na praza de Ourense, no propio teatro e por teléfono.

Un espectáculo sensitivo, universal e evocador que se mergulla no universo da viaxe e na súa riqueza de matices e dimensións. Turistas, emigrantes, polisóns, músicos e mariñeiros.
Do norte ao sur nun cruceiro e do sur ao norte nunha chalana. Cinco grupos de viaxeiros con destinos entrelazados nun navío de nome TROPICAL.
Desde a ironía e o absurdo, TROPICAL reflicte situacións que se están producindo non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade.
Un espectáculo cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza.
TROPICAL é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.
Unha mañá partimos, a mente inflamada,
O corazón desbordante de rancor e de amargos desexos,
E marchamos, seguindo o ritmo da onda
Arrolando o noso infinito sobre o confín dos mares.


Info: https://www.coruna.es/portal/gl/axenda/proximos-eventos/detalle-axenda/tropical/suceso/1453611911383?argIdioma=gl

xoves, 26 de xaneiro de 2017

Amianto nos centros educativos

Achegamos a carta de CONFAPA-GALICIA enviada á Consellería de Eduación solicitando a retirada, con todas as medidas de seguridade, das cubertas de amianto que quedan en moitos dos nosos Centros Educativos. Este escrito foi dirixido tamén ás Consellerías de Sanidade, Industria, Infraestructuras e a Valedora do Pobo. 

https://drive.google.com/open?id=0B3IWkZnrWXapRVl6MHBac1k4c0U