venres, 21 de decembro de 2018

TRASLADO DE SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES.

Debido ao mal estado do edificio usado actualmente para dar o servizo de comedor e madrugadores, con graves deficiencias sanitarias e con falta de mantemento, vémonos na obriga de trasladar os citados servizos por orde da Conselleira de Educación e Comedores Escolares.

A nova localización elixida pola Consellería de Educación para dar o servizo situarase dentro do edificio do colexio. O sábado 22 de decembro, segundo infórmanos Dirección, procederase ao comezo das obras para o acondicionamento do novo espazo, este será na planta baixa do centro, fronte ás aulas de infantil, uniranse dúas aulas (antiga aula de informática e a aula actual de música) e colocarán un pequeno oficce. Estas obras trasládannos que se farán no menor prazo posible, tentando que o novo espazo este listo para a segunda ou terceira semana de Xaneiro.

Pola nosa banda como ANPA queremos comunicarvos que cremos que os/as nosos/as fillos e fillas van saír gañando co cambio de espazo, xa que a situación era insostible, pero pola nosa banda agora comeza unha nova loita para conseguir que esta localización "temporal" non pase a ser definitiva, e dunha vez por todas alguén se faga cargo do edificio anexo ao centro e rehabiliten ou constrúan un novo, onde os/as nosos/as fillos e fillas teñan un espazo digno onde comer a diario e poder devolverlle ao colexio a súa aula de música.

mércores, 19 de decembro de 2018

CAMBIO DE PROFESORADO NA ACTIVIDADE DE DEBUXO


Por motivos persoais Mari Luz, a actual profesora de debuxo ten que deixar de impartir esta actividade no noso centro, dende aquí queremos darlle as grazas por todos estes anos compartidos cos nenos e nenas do Sanjurjo e desexarlle o mellor nesta nova etapa.

Informarvos que a partir de Xaneiro a actividade de debuxo será impartida, nos mesmos días e horario habitual por dúas novas profesoras, Angeles (luns e xoves) e Yosune (martes) ámbalas dúas pertencentes a cooperativa artística Plano Pementa. 

xoves, 6 de decembro de 2018

ELEXIR XOGUETES NON É UN XOGO

Como xa sabedes este ano puxemos en marcha en colaboración co centro e a OMIC, unha campaña de concienciación a prol dos xogos e xoguetes educativos non sexistas e non violentos.
Editamos un marcapáxinas cun decálogo cos aspectos a ter en conta para educar en igualdade e organizamos as seguintes actividades:

20 de Decembro de 2018 16.30h-17.30h

Charla "Xoguetes para ser iguais" 
Obradoiro infantil de creación de xoguetes de refugallo (actividade paralela para nenos e nenas). Este obradoiro será impartido pola OMIC para facilitar a participación das familias na charla.

É preciso inscribirse tanto na charla como no obradoiro a través do seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSccvhkttmUpd7tZOH64Ffccc9Fm_40vsu52eU_6uMdTTYVGug/viewform?usp=sf_link

20 de Decembro de 2018 17.30h-18h

Merenda en comunidade.
Despois da charla e obradoiro, traede algo de merendar para compartir.


10,12,17 de Decembro de 2018. 16h-17.30h   
12,14 de Decembro de 2018. 9h-10h

Recollida de Xoguetes para doar a Casa dos Xoguetes. 
Se queredes axudar na recollida, revisión e clasificación de xoguetes, tanto nenos/as como nais e pais, so tendes que vir o local da ANPA os días marcados para a recollida, esperámosvos!






Renovación actividades Deporte no Centro

No mes de decembro os nenos e nenas que están inscritos nas escolas do programa Deporte no centro (Baloncesto, Patín, fútbol e ximnasia rítmica) deberán renovar a inscripción e facer os pagos das cotas correspondentes para a súa continuación no mes de xaneiro.
Lembrade que os nenos e nenas que se incorporen por primeira vez aos programas, a excepción dos beneficiarios/as de beca de comedor, deben de abonar o seguro da actividade. (4 €).

As cotas do programa Deporte no Centro de xaneiro a maio 2019 son as seguintes:

FAMILIAS DE…..
COTAS  (xaneiro a maio 2019)
1 Fillo/a
20,00 €  por cada actividade
2 Fillo/as
16,00 €  por cada actividade e fillo/a
3 Fillo/as
14,00 €  por cada actividade e fillo/a
Máis de 3 fillo/as
12,00 € por cada actividade e fillo/a



Para este novo período manteranse as becas igual que ata de agora para os nenos que teñan concedida a beca municipal de comedor escolar.

Podedes facer a renovación o luns 10 (de 16 a 17.30h), mércores 12 (de 9 a 10 e de 16 a 17.30h) venres 14 (de 9 a 10h) e luns 17 (de 16 a 17:30h).

Como os pagos son en efectivo pedímosvos que procuredes traer o importe exacto para axilizar o proceso e falicitarnos o traballo.


martes, 27 de novembro de 2018

MENÚ DECEMBRO E AMPLIACIÓN DE HORARIO DE RECOLLIDA

Informámosvos que dende esta semana o horario de recollida na primeira quenda ampliarase de 15:15 a 15:20, dando eses 5 minutos de marxe as familias para a recollida, rogámosvos sexades puntuais, pois a partir das 15:20 xa non haberá ninguén no portalón nin se atenderá o telefonillo.

Menú comedor escolar mes de Decembro


RESULTADO ENQUISA DE DETECCIÓN DE NECESIDADES


Aqui deixámosvos o informe cos resultados da enquisa de necesidades, moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración e o voso tempo.

CAMPACOLE NADAL 2018

Aqui deixámosvos toda a información sobre o campamento de Nadal " campacole" organizado pola federacion Provicial de Anpas e subvencionado polo Concello. Este Nadal o campamento non poderá ser no noso cole, pero por solicitar ser sede decidiuse fusionalo co centro máis proximo (CEIP Curros Enríquez) para unha mellor optimización de recursos. Por esa razón o alumnado do noso centro tera preferencia para realizar a inscrición os días 3, 4 e 5 de Decembro xunto co alumnado do CEIP Curros Enríquez no ANPA do mesmo de 9:15 a 9:45 e de 16:00 a 16:30.

Nesta ligazón podedes consultar o diptico con toda a información detallada.

mércores, 21 de novembro de 2018

RESUMO REUNION XUSTIZA SOCIAL E COIDADOS MARTES 20 DE NOVEMBRO

Onte tivemos a reunión con Silvia Cameán da Concelleira de Xustiza social e coidados do Concello da Coruña, os temas que tratamos foron os demandados polas familias que conformades esta ANPA, a través das vosas suxestións e enquisas. A continuación facémosvos un resumo do acordado:  

 1-A concelleira infórmanos que xa está encargado o traballo a mantemento para o arranxo da zona acordoada, na entrada ao centro. En canto chegue o material o instalarán. Quedará pendente o resto do perímetro xa que a incidencia que tiñan e só relativo os espazos entre muro e verxa onde están as xardineiras. 

2- Respecto ao cambio do peche, nos informa que está contratado o cambio de 33 módulos, quedando algún sen cambiar que acometerase o ano que ben. Solicitámoslle que empecen pola zona de infantil e aquelas que teñan maior perigo de seguridade. 

3- Respecto o estado do pavillón azul, enviará a edificación a facer un informe técnico do estado xeral para acometer os arranxos necesarios.  Explicounos que fai un anos a Xunta e o Concello acordou repartirse os centros de ensino para acometer o mantemento dos mesmos polo que quedo unas competencias municipais as pequenas actuacións e limpezas deixando a Xunta a obra nova e grande obra de mais de 100.000 euros. 

4- Van estudar o pintado da pista azul para que non tinxa. 

5- Respecto o edificio de comedor, pasaranos un informe elaborado por rexeneración urbana que explica que non é susceptible de reforma polo custe que isto suporía e que proponse o seu derribo e nova construción, para que o presentemos na Xunta xa que sería a Xunta quen debería acométela. 

6- Solicitamos unha limpeza a fondo do comedor, así como unha limpeza extra os luns antes de que chegue o alumnado a madrugadores da zona de filas e entrada ao comedor. 

7- Respecto ao noso patio, nos confirma que o feito que o concello apoie o proxecto non vai en detrimento das obras de mantemento necesarias, xa que os orzamentos son totalmente diferenciados pertencendo a capítulos de gasto diferentes, polo que a concellería de educación si dispón de un orzamento anual para actividades de participación e espera retomar as propostas acordadas para acometer. Non pode ir contra o orzamento anual ninguna obra, senón actividades participativas ou instalacións acompañadas de obradoiros de participación, por exemplo instalación de canastras, rocódromo ou adquisición de xogos acompañados de obradoiros participativos e/ou de sensibilización do uso igualitario do patio.

8- A concelleira pregunta polo acordado en Xuño de instalar o rocódromo e informa que nos emitirá un informe dun técnico municipal para poder acometer a súa instalación con todas as garantía. Quedou en consultar ao equipo técnico a proposta remitida xa en xuño para a implementación do rocódromo.

9- Solicitamos a concelleira cambiar de ubicación os cubos de lixo, a poder ser fora da entrada ao centro.

10- Solicitamos a concelleira o arranxo das beiraruas rotas na zona de infantil

11- Queda coa incidencia de que non funciona o telefonillo do centro e comprobará o estado da mesma remitida por dirección. 

xoves, 15 de novembro de 2018

AVISO ACTIVIDADES PAVILLÓN


Acábannos de informar desde a Federación Galega de Deporte que hoxe xoves 15 e mañá venres 16 o pavillón permanecerá pechado por traballos de pintura, as actividades trasladaranse aos patios exteriores do colexio. Sentimos as molestias.

luns, 12 de novembro de 2018

FIN DE OBRAS PAVILLÓN DEPORTIVO


Informámosvos que a partir de hoxe luns 12 de novembro o pavillón xa esta aberto, co cal as actividades extraescolares xa poden impartirse no seu espazo habitual. Grazas pola vosa paciencia e comprensión.