xoves, 13 de setembro de 2018
mércores, 12 de setembro de 2018
QUE É POE? Programa de Ocio Educativo
O Programa de Ocio Educativo é unha proposta de Animación Sociocultural dirixida aos escolares de Educación Infantil e 1.º, 2.º, 3.º e 4.º curso de Educación Primaria, que se desenvolve nos diferentes Centros Públicos da cidade, tomando o xogo como principal ferramenta de intervención educativa
OBXECTIVOS XERAIS DO PROGRAMA
- Facilitar a conciliación da vida familiar, social e laboral.
- Proporcionar momentos de encontro que favorezan a socialización.
- Promover aquelas actitudes, valores e normas desexables.
- Espertar intereses e xerar o gusto (afección) polas diferentes áreas que compoñen os módulos.
- Adquirir coñecementos e competencias básicas para a formación integral do neno ou nena.
- Utilizar o xogo como principal ferramenta metodolóxica. “Aprender xogando”.
O horario do programa é de 16:00 a 18:00 h. Cada día desenvólvese un módulo diferente
LUNS DE 16 A 18H EUREKA (EDUCACIÓN INFANTIL +1º PRIMARÍA)
MARTES DE 16 A 18H EUREKA (2º/4º PRIMARÍA)
MÉRCORES DE 16 A 18H FEITO A MÁN (EDUCACION INFANTIL + 1º PRIMÁRIA)
XOVES DE 16 A 18H FEITO A MÁN (2º/4º PRIMÁRIA)
A ratio mínima para formar grupos será de 12 participantes
EUREKA
Con este módulo preténdese achegar aos nenos e nenas ás nosas raíces, a través tradición popular e cultural galega, dende dúas perspectivas. Por un lado abordando aspectos que forman parte da nosa memoria colectiva coma os mitos, as lendas, os ritos, contos e aventuras que resisten ó esquecemento e que forman parte da tradicón oral e por outro, a parte máis histórica e cultural recollida coma tradición escrita, personaxes ilustres, cantigas, bailes, poemas, etc. Todo ísto envolto nas diferentes actividades, que con un marcado carácter lúdico, tamén farán descubrir aos nenos e nenas o folclore galego.
FEITO A MAN
O obxectivo xeral deste módulo é espertar a sensibilidade polo mundo artístico. A través das diferentes manifestacións artísticas, os nenos e nenas desenvolverán e potenciarán as súas posibilidades expresivas e creativas, representando, expresando e mostrando ideas, habilidades, emocións, etc. A experimentación con distintos elementos e técnicas diferentes, permitirán desenvolver aínda máis, se cabe, a propia creatividade do neno e nena, aprendendo ao mesmo tempo, a valorar non só a súa propia creación senón tamén as dos seus compañeiros.
VISITAS A ENTIDADES
Ademais dos diferentes módulos ou obradoiros que se ofertan dentro do Programa de Ocio Educativo, realízanse unha serie de visitas a diferentes equipamentos científico-culturais da cidade, con intención de achegar aos escolares a espazos de referencia nos que complementar, a través de novas propostas lúdico-didácticas, as diferentes áreas que se enmarcan dentro do programa. Estas visitas realizaranse dentro do horario habitual da actividade (de 16:00 a 18:00 h.) e poderán participar todos os nenos e nenas inscritos no programa e módulo correspondente.
NOVO CADRO DE ACTIVIDADES PROPOSTAS 2018/2019
Achegamosvos de novo o cadro de actividades ofertadas para este curso xa que tivo algunha modificación de última hora
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
PROGRAMAS DEPORTE NO CENTRO E LECER EDUCATIVO:
xoves 13, luns 17 e martes 18 de setembro en horario de 9 a 10 e de 16 a 17 ,
de forma presencial no local dá ANPA.
NATACIÓN ESCOLAR:
xoves 13, setembro en horario de 9 a 10 e de 16 a 17 , de forma
presencial no local dá ANPA.
PROGRAMACIÓN PROPIA DÁ ANPA:
os días 17, 18 e 19 a través dun formulario de google
drive, explicaremos ou procedemento na asemblea xeral ordinaria
do próximo luns 17 de setembro ás 16:30 horas)
domingo, 9 de setembro de 2018
INFORMACIÓN COMEDOR E MADRUGADORES
Como seguro que xa sabedes este é un ano de cambios na ANPA, dende a nova directiva imos
tratar de facilitar tanto ás familias como a nós mesmas todas as xestións. Un dos primeiros cambios
será a forma de xestionar as altas e baixas / renovacións do servizo de comedor e madrugadores.
tratar de facilitar tanto ás familias como a nós mesmas todas as xestións. Un dos primeiros cambios
será a forma de xestionar as altas e baixas / renovacións do servizo de comedor e madrugadores.
RENOVACIÓN DE PRAZA NO COMEDOR E MADRUGADORES:
A partir de curso 2018/19 a renovación da praza no comedor terá que facerse mediante correo
electrónico. Nesta ligazón podedes descargar a ficha de renovación, unha vez cuberta teredes que
enviala ao correo sanjurjo@vivadelicatessen.es, dende ese correo enviaranvos confirmación.
electrónico. Nesta ligazón podedes descargar a ficha de renovación, unha vez cuberta teredes que
enviala ao correo sanjurjo@vivadelicatessen.es, dende ese correo enviaranvos confirmación.
NOVAS ALTAS NO SERVIZO COMEDOR E MADRUGADORES:
As novas altas no servizo de comedor e madrugadores do curso 2018/19 realizaranse no local da
ANPA.
ANPA.
Para calquera aviso (necesidade de dieta, recollida do menú no local por motivo xustificado, …) ou
cambio nalgún destes servizos podedes comunicarllo a Vi&Va mediante whatsApp no 622268638.
cambio nalgún destes servizos podedes comunicarllo a Vi&Va mediante whatsApp no 622268638.
Lembrámosvos que o servizo inicia este mércores 12, e que para poder facer uso do servizo
de comedor e madrugadores é imprescindible ser socio/a da anpa.
de comedor e madrugadores é imprescindible ser socio/a da anpa.
As familias que se queiran asociar só teñen que enviarnos un correo a anpaesanjurjo@gmail.com e
enviarémosvos un formulario.
enviarémosvos un formulario.
TARIFAS DE COMEDOR E MADRUGADORES PARA O CURSO ESCOLAR 2018-2019:
COMEDOR
- Mes completo: 83 €
- 4 días: 75 €
- 3 días: 56 €
- 2 días: 40 €
- Esporádico: 5,5€
* * para o alumnado de 4º de educación infantil o prezo de setembro será o correspondente aos
días soltos tras o período de adaptación, e sumarase á facturación do mes de outubro.
días soltos tras o período de adaptación, e sumarase á facturación do mes de outubro.
MADRUGADORES
Mes completo:
-Con almorzo: 35€
-Sin almorzo: 20€
Esporádico:
-Con almorzo: 3,50€
-Sin almorzo: 2,50€
HORARIOS DO SERVICIO
Comedor: 2 turnos de recollida
- Ás 15:15h no portalón de entrada ao centro.
- De 15:45h a 16:00h na entrada do comedor.
Madrugadores: Dende as 7:30h ata as 8:15h si vai almorzar, e ata as 8:30h si non almorza.
Actividades extraescolares
Como cada novo ano desde a Anpa poñemos en marcha o programa de actividades extraescolares.
Este curso escolar 2018-2019, contaremos cos programas do Concello en convenio coa Federación
de Anpas Cóxegas, Deporte no Centro e Ocio educativo, coa campaña de natación escolar do
servizo municipal de deportes e coa programación propia da ANPA.
de Anpas Cóxegas, Deporte no Centro e Ocio educativo, coa campaña de natación escolar do
servizo municipal de deportes e coa programación propia da ANPA.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
- PROGRAMA CÓXEGAS: o luns 10 de setembro en horario de 11 a 12 e de 16 a 17, de forma
presencial no local da ANPA. - PROGRAMAS DEPORTE NO CENTRO E OCIO EDUCATIVO: o luns 10 en horario de 11 a 12
e de 16 a 17 e o xoves 13 de setembro en horario de 9 a 10 e de 16 a 17 , de forma
presencial no local da ANPA. - NATACIÓN ESCOLAR: o xoves 13 de setembro en horario de 9 a 10 e de 16 a 17 , de forma
presencial no local da ANPA. - PROGRAMACIÓN PROPIA DA ANPA: os días 17, 18 e 19 a través dun formulario de google
drive, explicaremos o procedemento na asemblea xeral ordinaria do próximo luns 17 de
setembro ás 16:30 horas)
Achegamos o cadro de actividades
e o folleto enviado pola Federación de Anpas, lembrarvos que para participar nas actividades propias da ANPA é necesario estar asociada/o (enlace formulario) e que para calquera dúbida podedes contactar con nós a través do mail ou no horario de atención presencial no local.
Benvido novo curso escolar
O próximo mércores 12 de setembro arranca o curso escolar 2018-2019,
http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar, e con el algunha novidade tamén por parte
da anpa.
http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar, e con el algunha novidade tamén por parte
da anpa.
O noso novo horario de atención será de forma presencial no local da ANPA os luns de 16:00
a 17:30 e os venres de 9:00 a 9:30
a 17:30 e os venres de 9:00 a 9:30
Toda a información de interese a enviaremos aos mails das persoas asociadas, a colgaremos
no taboleiro da entrada da escola e a poderedes consultar neste blog
no taboleiro da entrada da escola e a poderedes consultar neste blog
Para asociarvos tedes que cumplimentar este formulario
venres, 7 de setembro de 2018
PROGRAMA COXEGAS
Como cada ano o Concello en convenio coa Federación de Anpas pon a dispor de quen o necesite o servizo de CÓXEGAS mentres non comezan as actividades extraescolares. Achegamos o tríptico enviado pola Federacion e informámosvos de que podedes apuntarvos no local da Anpa o LUNS 10 de SETEMBRO en horario de 11 a 12 e de 16 a 17.
As novidades para o presente curso son as seguintes:
1. O tríptico de actividades contén toda a información referente aos distintos programas que van poñer en marcha.
2. A folla de inscripción é única para todas as actividades. Figura en papel autocopiativo para que a familia poida quedar cunha copia da mesma.
Por favor, lede detidamente a información do díptico sobre CÓXEGAS. Con respecto o resto de actividades informaremos próximamente.
As novidades para o presente curso son as seguintes:
1. O tríptico de actividades contén toda a información referente aos distintos programas que van poñer en marcha.
2. A folla de inscripción é única para todas as actividades. Figura en papel autocopiativo para que a familia poida quedar cunha copia da mesma.
Por favor, lede detidamente a información do díptico sobre CÓXEGAS. Con respecto o resto de actividades informaremos próximamente.
luns, 23 de xullo de 2018
Listaxe previa á definitiva do Programa bolsa comedor escolar. Curso 2018/2019

Aquí deixámosvos unha ligazón coas listaxes provisionais para a bolsa comedor, lembrade que o o prazo para presentar alegacións comprende do luns 23 de xullo ao luns 6 de agosto do presente ano 2018.
venres, 15 de xuño de 2018
O noso patio (e máis)
Difundimos a última entrada do blogue de O noso patio, onde veremos cómo os nenos de infantil participan no proxecto.
Lembrade tamén a axenda dos próximos días:
- hoxe a festa da inauguración da bancada,
- o luns asamblea xeral do anpa a partir das 16.00 e
- o xoves 21 de 16 a 18 a festa de fin de curso
Lembrade tamén a axenda dos próximos días:
- hoxe a festa da inauguración da bancada,
- o luns asamblea xeral do anpa a partir das 16.00 e
- o xoves 21 de 16 a 18 a festa de fin de curso
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





