Votos emitidos: 37
Votos Jardanay: 19
Votos VI&VA: 18
Deixamosvos unha foto da acta que maña colgaremos no taboleiro do cole
martes, 14 de maio de 2019
luns, 13 de maio de 2019
EXHIBICIÓNS ACTIVIDADES FIN DE CURSO
Queridas familias entre os días 27 e 31 de maio terán lugar as EXHIBICIÓNS DE FIN DE CURSO das actividades extraescolares. Será cada unha na súa hora correspondente e no seu lugar habitual, coa excepción de teatro que se traslada ao venres 7 de xuño no seu horario habitual. O monitorado e os nenos e nenas decidirán se teñen preparada algunha actuación ou se prefiren que as familias participedes na actividade nunha xornada de portas abertas. En calquera caso desexando que asistades a desfrutar dos seus progresos durante este curso que xa rematamos. Por suposto, sexa actuación preparada ou portas abertas todos e todas poderemos asistir a calquera actividade que queiramos e comprobar así o ben que o pasan.
mércores, 8 de maio de 2019
PEQUERUTAS DO SANJURJO
Poñemos
en marcha a primeira Pequeruta do Sanjurjo para visitar Coirós
e facer a ruta circular do Río dos dous nomes co obxectivo de pasar un
día ao aire libre, compartir este espazo co resto das familias e aprender da
natureza.
Sen dubida, é unha ruta fermosa, de auga e 9 molinos nun paisaxe case salvaxe. A ruta vai o carón do Río Vexo ou Fervenza como querades chamalo.
Sen dubida, é unha ruta fermosa, de auga e 9 molinos nun paisaxe case salvaxe. A ruta vai o carón do Río Vexo ou Fervenza como querades chamalo.
A
ruta será guiada por persoal especializado e esta adaptarase as necesidades do
grupo. Contaremos cun autobús para facer o desprazamento.
Cada
neno ou nena ten que vir acompañado/a por un adulto responsable. Podedes
invitar a algún familiar.
É
moi importante levar roupa e calzado cómodo, así como unha muda, por si se
necesita. Cada persoa levará a súa comida e auga.
Para
participar tedes que rexistraros a través de este formulario, dende o luns 20 de
maio as 10:00h, ata o domingo 26 de maio as 10:00h. Se cubrirá un formulario por unidade familiar de máximo 5 persoas.
Unha
vez recibidas as inscricións se asignaran no caso de ser necesario as prazas
por orde de inscrición e enviarase un mail de confirmación de prazas.
Animádevos a participar!!
DATOS DA PEQUERUTA
RUTA: RÍO DOS DOUS NOMES, COIRÓS, A CORUÑA
TRAXECTO: 3,5 km
IDADE: A PARTIR DOS 3 ANOS
DÍA: 1 XUÑO 2019
HORA DE SAIDA: 10.15
HORA DE CHEGADA: 17.30
PUNTO DE SAÍDA: COSTA DA DOMUS, ZONA DE AUTOBUSES
PREZO FAMILIA: SOCIAS GRATUÍTO, NON SOCIAS 8€
O pago efectuarase no horario habitual da ANPA)
Nº PRAZAS: 50
MACROENCONTROS DE PATINAXE
A Federación de Anpas celebra os próximos días 21, 22, 27 e 29 de maio un macroenconto de patinaxe como peche da actividade do programa Deporte no Centro, e no que a nosa escola participa deixamosvos neste enlace a información que nos mandan, os monitores diranvos que día participa cada grupo.
martes, 7 de maio de 2019
CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES
A mediados de
Maio está previsto por contrato a renovación do contrato do servizo de
madrugadores e comedor, polo que consideramos necesario despois de tres anos
traballando con VI&VA Delicatessen que as familias coñezan o servizo de
mans da propia empresa.
Para poder
valorar outras opcións, despois de estudar diferentes alternativas e visitar as
súas instalacións invitaremos a empresa Jardanay a explicarnos tamén o seu
servizo.
Por este
motivo convocámosvos o próximo luns 13 de maio de 2019 ás 16.30h a
unha reunión onde nos explicaran as dúas empresas os seus servizos e condicións.
Unha vez
realizada a reunión informativa, abriremos un espazo de reflexión e convocámosvos
a votar o próximo martes día 14 de maio cal é a proposta que queredes
que se contrate para a anualidade 2019/2020.
Como votar ó
servizo de comedor e madrugadores
Para levar a cabo
as votacións podedes achegarvos o martes 14 de maio en horario de
9-9.30 e de 16-19h ao local da ANPA co voso DNI, teredes
preparadas as papeletas e poderedes exercer o voso dereito a votar pola opción
que mais os guste.
Para que estas
votacións non sexan discriminatorias polos diferentes modelos de familias
existentes, consideramos que votarase por Unidade Familiar socia da
ANPA.
Ese mesmo día 14
finalizada a votación, farase o reconto de forma pública e informarémosvos dos
resultados da votación que será por maioría, no caso de
empate teríamos que volver a convocalas.
A mesa de votación
estará sempre formada por dúas persoas da Xunta Directiva da ANPA e alúmenos
una persoa representando as familias.
Por este
motivo, precisamos que algunha familia nos remitades a través dun
mail (anpaesanjurjo@gmail.com) a vosa vontade de estar presente no horario de
votacións (9-9.30h e de 16-19h) para comprobar e asegurar que se cumpran as
condicións marcadas para o proceso e que asistades no momento do reconto ás
19h.
ENQUISA SATISFACCIÓN SERVIZOS ANPA
Mediante este sinxelo cuestionario queremos coñecer as opinións do alumnado e dos seus pais e nais sobre os servizos xestionados pola ANPA no curso escolar 2018/2019:
1. SERVIZO COMEDOR/MADRUGADORES
2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
3. XESTIÓN DA ANPA
Propoñemosvos que fagades a enquisa tendo en conta a valoración dos vosos fillos e fillas como usuarios/as directos/as dos servizos de madrugadores/comedor e actividades extraescolares.
A nosa intención e poder detectar aspectos de melloras e achegarnos as vosas expectativas.
Só vos levará 5 minutos.
Para acceder a enquisa preme aqui. Estará aberta desde hoxe 7 de maio e ata o 13 de maio ás 14h.
Grazas pola vosa colaboración
1. SERVIZO COMEDOR/MADRUGADORES
2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
3. XESTIÓN DA ANPA
Propoñemosvos que fagades a enquisa tendo en conta a valoración dos vosos fillos e fillas como usuarios/as directos/as dos servizos de madrugadores/comedor e actividades extraescolares.
A nosa intención e poder detectar aspectos de melloras e achegarnos as vosas expectativas.
Só vos levará 5 minutos.
Para acceder a enquisa preme aqui. Estará aberta desde hoxe 7 de maio e ata o 13 de maio ás 14h.
Grazas pola vosa colaboración
NOVA DATA CHARLAS ALIMENTACIÓNN SAUDABLE
MÉRCORES 22 DE MAIO: O AZUCRE NOS ALIMENTOS
Grazas Ana polo teu tempo e por compartir con todos nos os teus coñecementos.
luns, 6 de maio de 2019
OBRADOIRO SEXUALIDADE PARA FAMILIAS DE PRIMARIA
O proximo mércores 29 de maio de 4 a 6 da tarde non salón de actos, temos unha charla de sexualidade para familias con nenos e nenas de entre 3º e 6º de primaria, impartido por Marisol Insua, Directora do centro de Atención ás Sexualidades e nai do noso centro. Aqui deixámosvos un resumo dos temas para tratar
1. barreiras comunicativas das nais, pais, familias con fillas e fillos
2. parte de exposición o crecemento da sexualidade a estas idades
3. como falar de sexualidade con vosas fillas e fillos
4. recursos
5. dúbidas, preguntas
Os xogos amorosos con outros nenos ou nenas adoitan ter o obxectivo de pasalo ben e de imitar o que cren que fan as persoas maiores, non teñen un sentido erótico tal e como o entendemos os e as adultas a estas idades.
A atracción cara a outras persoas é máis afectiva que sexual. As/os nenos e nenas non distinguen afecto de sexualidade. A sexualidade non está moi diferenciada doutro tipo de sentimentos como o pracer (tocar partes do corpo que o produzan), o benestar e a seguridade. Hai pracer e pode haber atración, pero non desexo erótico, nin fantasía.
Con todo, nestas idades aprenden a distinguir o que é unha simple amizade do que é un noivado e empezan a crear os seus primeiros vínculos amorosos. Elixen os seus noivos ou noivas e fan listas dos seus amores nas que tamén aparecen figuras do mesmo sexo. Ás veces, estes vínculos non son só un xogo, senón froito dun “namoramento” real e profundo.
A miúdo, cústalles entender que a relación é cousa de dúas e que non basta elixir a alguén para que xa exista unha parella. Saber que hai que ter en conta o desexo do outro ou da outra, e a superar as frustracións que unha negativa pode supoñer é unha das aprendizaxes máis difíciles e necesarios para o desenvolvemento dunha afectividad sa.
Relaciónanse con persoas “especiais” para eles/elas, bican e acariñan a un neno ou unha nena que consideran especial. Ás veces, buscan espazos de soidade para vivir esta experiencia con intimidade; por exemplo, encérranse nunha casiña ou se poñen debaixo dunha mesa. Son comportamentos que ás veces tan só imitan e non entenden.
Os contidos abordan cuestións de xénero, o coñecemento da anatomía e fisioloxía, a compresión da pubertade e os cambios que implica.
Contidos:
coñecer as funcións da sexualidade: comunicación, pracer, relacións e reproducción,
manifestacións anatómicas e fisiolóxicas do desenvolvemento prepuberal: recoñecemento dos cambios que se orixinan durante a pubertade,
construcción dos roles masculinos e femininos: tipificación sexual e coñecemento das funcións que a sociedade asigna a cada un dos sexos producidos de forma paralela á identidade sexual, SEXO-XÉNERO,
estereotipos sexuais: condicións socioculturais na valoración do home e a muller, * atracción, orientación sexual, diversidade.
pautas para falar de sexualidade cas fillas e fillos e cales son as fontes de información que se consultan.
Valores transversais:
Respeto, igualdade, dignidade, libertade, responsabilidade
Traballando:
PRIVACIDADE, COÑECECEMENTO DO PROPIO CORPO
NAMORAMENTO
LIMITES, NORMAS, EMPODERAMENTO
CURIOSIDADE VIDA ADULTA-IMPULSOS SEXUAIS
DECÁLOGO FAMILIAS
venres, 3 de maio de 2019
MOSTRA DA ACTIVIDADE DE DEBUXO NA XXIII MOSTRA DE ACTIVIDADES CULTURAIS DA FEDERACION DE ANPAS
Xa esta aquí outro ano mais a mostra actividades culturais organizada pola Federacion de Anpas, este ano o noso centro participa coa actividade de debuxo, podedes visitar a exposición onde se exhiben as obras dos nosos pequenos artistas do 8 ao 11 de maio no vestíbulo do Forum Metropolitano
PROGRAMA CÓXEGAS XUNIO
Como estos ultimos anos, no centro está aprobado o PROGRAMA COXEGAS, é un programa municipal para facilitar a conciliacion durante o mes de Setembro e Xuño mentres non den comezo as actividades e o remate das mesmas.
O programa Cóxegas na quenda de xuño, sera do 3 a 21 do mesmo mes, as inscricions podense facer ata o 16 de MAIO:
O programa Cóxegas na quenda de xuño, sera do 3 a 21 do mesmo mes, as inscricions podense facer ata o 16 de MAIO:
- No local da ANPA no seu horario habitual de atención o publico e o xoves 16 de maio de 9 a 9:30
- Na oficina da Federación de ANPAS na Rúa Orzán, nº21
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










