luns, 11 de setembro de 2023
domingo, 3 de setembro de 2023
luns, 3 de xullo de 2023
ACTUALIZACIÓN: Guía informativa Jardanay 2023/2024.
Guía informativa Jardanay para o CEIP Torre de Hércules de cara o vindeiro curso 2023/2024.
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 30 DE AGOSTO
ACTUALIZACION!! FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Publicadas as listaxes provisionais de fondo de libros e axudas de material. Consultar en Sede Electrónica, no taboleiro do centro ou chamando ao colexio. Prazo de reclamación: 3 e 4 de Xullo
martes, 20 de xuño de 2023
BANCO DE LIBROS "ENTRE FAMILIAS"
Ola familias,
Enviamos formulario para aquelas familias que queirades participar no Banco de Libros, tanto como para dar ou recibir os libros. Este ano só será posible facelo cos libros de 3º de Primaria
Estes poderán entregarse no cole ata este venres 23 de xuño
Aquí tedes o formulario para cubrir:
venres, 9 de xuño de 2023
GRAN FESTA FIN DE CURSO
Este curso 22/23, queríamolo rematar por todo o alto, xa que, debido as inclemencias meteorolóxicas o pasado ano, non puido levarse a cabo a nosa festa.
Así que dende o ANPA Monte Vixía queremos convidarvos a todos a unha gran xuntanza o vindeiro mércores 21 de Xuño.
A festa comezará as 16h cunha merendola achegada por Jardanay, para continuar en torno as 17h coa actuación estelar de Peter Punk. Sobre as 18h faremos unha gran Festa da Espuma para disfrute dos peques e non tan peques!!!
Recomendación: Non olvides traer unha muda, toalla e unhas gafas de buceo para gozar a tope deste Fin de Curso.



