venres, 7 de xuño de 2019
PROPOSTAS PARA ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS. CONCELLO A CORUÑA
Como sabedes o Concello de A Coruña pon a disposición da veciñanza a posibilidade de participar na planificación de 3.000.000 de euros dos orzamentos municipais.
A través da plataforma "A porta aberta", podedes consultar o proceso. https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/welcome?locale=es
A fase de información e recollida de propostas foi ata o 10 de maio.
Desde a ANPA fixemos dúas propostas a través desta canle:
ESPAZO DO VIXÍA DE MONTE ALTO
Acondicionamento paisaxístico do zona situada entre os centros educativos CEIP Sanjurjo de Carricarte, CEIP Víctor López Seoane, EIM Luis Seoane e Galiña Azul de Monte Alto, ao redor do depósito de agua de Monte Alto.
Con esta acción poríase en valor esa contorna do barrio, creando un espazo seguro e adaptado ás necesidades do alumnado e da cidadanía.
A través dun sistema de esclusas, movendo os peches dos centros educativos, crearíase un espazo que permita a interacción do alumnado no horario lectivo nun espazo natural cos beneficios educativos que isto suporía.
Ao mesmo tempo fóra do horario lectivo, todo o barrio gañaría un novo espazo verde para o disfrute da cidadanía, contaría con sinalización desta parte histórica do barrio e facilitaría a comunicación entre os centros educativos.
Preme aquí para consultar a proposta
NOVO EDIFICIO NO CEIP SANJURJO DE CARRICARTE PARA USO COMUNITARIO
Demolición e construcción dun novo edificio de planta baixa anexo ao centro escolar, que permita o seu uso sen depender de medios mecánicos e supoña unha maior integración paisaxística coa contorna, dando así resposta á demanda histórica da comunidade educativa que leva anos reclamando un edificio en condicións.
O novo edificio albergaría o comedor, con cociña propia, para o alumnado do centro, creando un espazo en condicións que favoreza unha alimentación saudable, coidando así a importancia da saúde, o medioambiente e o comercio local e de proximidade. Tamén contará con aulas de usos múltiples cun doble uso, para a comunidade educativa do Sanjurjo e para as entidades e colectivos do barrio, creando así un novo espazo que de cobertura ás necesidades socioeducativas e de participación de Monte Alto.
Preme aquí para consultar a proposta
Nos vindeiros meses abrirase una fase de APOIOS, é ahí cando teremos que movilizar ao barrio para xuntar apoios e ter mais posibilidade de chegar a fase final.
Na fase final de votacións todos e todas podemos votar aquela proposta na que pensemos que deberían ir investidos os cartos, é importantísimo que nese momento entredes na plataforma e apoiedes as propostas.
De tódolos xeitos iremos informándovos de cando van abríndose cada fase para poder participar.
Esta é unha canle mais, acadar un espazo digno para o alumnado e a comunidade educativa, independentemente das reivindicacións e solicitudes postas en marcha coas administracións competentes.
FESTA FIN DE CURSO
Xa está aquí o fin de curso e querémolo celebrar con todos/as vós na xa clásica festa de fin de curso, esperámosvos a tarde do venres 21 de xuño. Agradecemos a colaboración das familias tanto na organización da festa como achegando algo de comida para a merenda. Vémonos na festa!
martes, 4 de xuño de 2019
ROTEIRO O RÍO DOS DOUS NOMES. COIRÓS
O pasado 1 de Xuño, un grupo de 68 persoas socias da ANPA gozamos do roteiro familiar "O río dos dous nomes" no concello de Coirós.
Tivemos un día de moita calor pero iso non foi impedimento algún para cargar coas mochilas e emprender una fermosa ruta chea de molinos, fervenzas, e vexetación case salvaxe. A ruta permitiunos contemplar os tramos mais fermosos do rio Vexo.
Foi una ruta circular onde conectamos coa natureza e convivimos con outras familias do cole.
Queremos darlle as grazas a Jacobo e Cristina os nosos guías e a Isabel a conductora do autobús, por ser pezas importantes nesta xornada, e agradecervos a todas as familias a vosa participación que esperamos sexa a primeira de outras rutas xunt@s.
Deixamos algunhas mostras da actividade:
luns, 3 de xuño de 2019
Menú Xuño
Achegamos o menú de xuño, o mércores 19 os rapaces e rapazas do comedor desfrutarán dunha festa picnic na zona de herba do patio (sempre que o tempo o permita).
Bolsa Picnic- Excursión fin de curso
Recordamos ás familias que Viva pon a disposición, só aos usuarios/as fixos do comedor, que o precisen una "bolsa picnic" (bocadillo de peituga de polo, froita e auga) para levar a excursión de fin de curso o luns 17 de xuño
As familias interesadas terán que comunicarllo o ANPA cubrindo este formulario ata o xoves 13 de xuño
venres, 24 de maio de 2019
Probas de reválida
Achegamos comunicado da Federación e CONFAPA-GALICIA en relación coas probas de evaluación dos vindeiros días 28 e 29 de maio , e modelo de xustificante da ausencia do alumnado para entregar ás familias que decidan non enviar aos seus fillos a someterse as devanditas probas.
martes, 21 de maio de 2019
Aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar curso 2019-2020
Desde
hoxe martes 21 de maio está aberto o prazo para
solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e
material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación
primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en
centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar
2019/20. ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Tipos
de axudas:
Segundo o curso no que vaia a participar o alumnado poderáse
solicitar unhas axudas ou outras
- Axudas para a compra de libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial
- Préstamo de libros: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO
- Axudas para material escolar: Primaria, ESO e Educación Especial
Prazo
de solicitude: desde o 21 de maio ata o 20 de xuño
Documentación
a presentar e lugar:
- Copia do DNI ou NIE dos membros computables na unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
- Copia do libro de familia onde figuren todas as persoas computables da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, a día 31 de dicembro de 2017, non coincide coa reflexada no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de persoas da unidade familiar, tales como:
Sentenza
xudicial
de separación ou
divorcio ou
convenio regulador onde
conste la custodia do
alumnado.
Certificado
ou
volante de convivencia.
Informe
dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de
residencia que acredite a situación familiar.
- Declaración da Renda do ano 2017, cando non autoricen a consulta telemática.
- No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % de algunha persoa da unidade familiar, documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de dicembro de 2017.
- No caso de situación de violencia de xénero: documentación acreditativa.
As
solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos
formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática
«fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da
sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente,
poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros
docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na
normativa reguladora do procedemento administrativo común.
xoves, 16 de maio de 2019
XV XORNADAS EDUCACIÓN EN IGUALDADE. A Coruña - 31/05/2019
Dende a Subdirección de
Promoción da Igualdade vanse celebrar unhas xornadas de nais e pais que levan
por título “Educar en igualdade: Coeducación e prevención da violencia de
xénero desde as familias”. Estas
xornadas realizarase na cidade da Coruña o día 31 de maio ás 17h na
Delegación Territorial da Xunta de Galicia (praza de Luis Seoane, s/n).
Xúntovos
o enlace da páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade na que está a
documentación das xornadas.
Durante
a xornada funcionará un servizo de atención a menores (de 12 meses a 10 anos)
baixo petición ao correo electrónico xornadas.igualdade@xunta.gal.
Xa
que a capacidade é limitada, a admisión será por rigorosa orde de inscrición.
As inscricións deben remitirse tamén ao enderezo xornadas.igualdade@xuntagal
ata o día 29 de maio.
Se
tedes algunha dúbida podedes tamén chamar aos teléfonos 981 545 360 e 981 545
312.
mércores, 15 de maio de 2019
CAMPACOLE VERÁN 2019
A Federación,
pon a nosa disposición a oferta de programas que nos axuden a conciliar
Lembrade que temos aberto o prazo ata o 16 de maio para o programa CÓXEGAS.
CÓXEGAS (do
3 ao 21 de xuño) Este programa de conciliación desenvolverase os días
lectivos do mes de xuño. Isto é, de luns a venres en horario de 16:00 a
18:00 horas dende o luns 3 de xuño ata o venres 21 de xuño.
CAMPACOLES
(do 25 de xuño ao 26 de xullo) Programa que baixo o formato
de campamento urbano, ofrece a posibilidade de manter cobertura horaria similar
á do período escolar coa ampliación de servizos como madrugadores (con ou sen
almorzo) e comedor.
Lembrade que temos aberto o prazo ata o 16 de maio para o programa CÓXEGAS.
Prazo de
inscrición: ate o 16 de maio.
Custo do
programa: 15 € / participante.
A Federación
abre o prazo do 21 ao 24 de maio para a inscrición no programa CAMPACOLE. Este ano seremos
sede.
Este
programa estival de recreación desenvolverase de luns a venres en horario de 10
a 14 horas, desde o martes 25 de xuño ata o venres 26 de xullo, distribuído
en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes.
Prazo de
inscrición: do 20 ao 24 de maio.
QUENDAS E
COTAS:
Quenda 1: Do
25 ao 28 de xuño. De 10:00 a 14:00h. 15€
Quenda 2: Do
1 ao 5 de xullo. De 10:00 a 14:00h. 15 €
Quenda 3: Do
8 ao 12 de xullo . De 10:00 a 14:00h. 15 €
Quenda 4: do
15 ao 19 de xullo. De 10:00 a 14:00 h. 15 €.
Quenda 5: do
22 ao 26 de xullo. De 10:00 a 14:00 h. 15 €.
SERVIZOS
COMPLEMENTARIOS
Madrugadores:
de 8:00 a 10:00 h.
- Con
almorzo: 15 €/quenda.
- Sen
almorzo: 10 €/quenda.
(De ser
preciso, pode barallarse a posiblidade de apertura ás 7:45, previa solicitude
da ANPA)
Comedor: de
14:00 a 15:30 h.: 20 €/quenda.
SEDES
- CEIP CURROS
ENRÍQUEZ
- CEIP JUAN
FDEZ. LATORRE* (CEIP ANXO DA GARDA).
- CEIP
MANUEL MURGUÍA.
- CEIP
SAGRADA FAMILIA.
- CEIP SAN
PEDRO DE VISMA
- CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
* O CEIP
ANXO DA GARDA, solicitou ser sede pero por proximidade e optimización de
recursos, decidiuse unir como centro adscrito ao CEIP Juan Fernández Latorre.
Neste caso tamén terán a mesma prefencia á hora de inscribirse que a propia
sede e aumentando o máximo de participantes a 60 escolares por quenda.
Xa temos no
local os trípticos por si queredes recollelos para cubrilos,
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














