Deixámosvos o menú do comedor para este 2º trimestre do curso 2021/22:
luns, 24 de xaneiro de 2022
martes, 28 de decembro de 2021
NOVAS INSCRIPCIÓNS PARA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ENERO 2022
Ábrese o prazo de novas inscricións nas actividades extraescolares para comezar en enero:
1. As familias que queran unirse aos grupos das actividades que xa están en marcha deben escribir ao seguinte correo electrónico inscripcionesprogramaslecer@
Haberá desdoblamento de grupos cando a actividade chegue as 19 persoas inscritas.
Actividades que se están desenvolvendo dende o inicio de curso: https://drive.google.com/file/d/14v6gbbr3sRpqr-BrSf0Imp6RPzBSdnaO/view?usp=sharing
2. Actividades novas: por petición dalgunhas familias intentarase formar grupo para iniciar unha nova actividade de VOLEIBOL, neste caso a inscrición farase a través do formulario de inscripción na web da Federación de ANPAs: http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/ cando entredes no link tedes que pinchar en "Inscricións programas educativos 2021-22", é nese apartado onde tedes que escribir todos os datos.
En principio tentaremos facer dous grupos de voleibol (1º-3º de primaria, 4º-6º de primaria) que se desernvolverán: LUNS- MÉRCORES de 16:00 a 17:00
É importante que as familias que queirades inscribiros á actividade de voleivol o intentedes facer o longo de esta semana, para poder ter marxe para comezar a volta.
Só se poderá organizar a actividade se as inscricións chegan a 10 persoas
Calquera dúbida tedes o noso correo: anpaesanjurjo@gmail.com e o noso whatapp: 604 049 984
luns, 27 de decembro de 2021
ÁBRESE PRAZO DE INSCRIPCION PARA ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS NOS CENTROS CÍVICOS
Ábrese o prazo de preinscripción para as actividades socioculturais nos centros cívicos que se realizarán de enero a maio do 2022. Prográmanse actividades online e presenciais:
Programa de actividades enero mayo 2022
INSCRIPCIÓN
Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por orde de preferencia e tres clubs (non se poderán pedir clubs e actividades no mesmo formulario, terase que abrir outro diferente.).
Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.
As persoas que non teñan acceso a Internet, e só nese caso, poderán realizar a preinscrición chamando ao nº de teléfono 881 150 228 eses mesmos días en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Tés toda a información detallada aquí
PUBLICACIÓN E PROCESO DE INSCRIPCIÓN
Publicación das listas de preinscrición nos centros cívicos: 4 de xaneiro
Publicaranse dúas listas diferentes (actividades e clubs), as cales se poderán consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.
Sorteo público : 5 de xaneiro ás 10:00h
Realizaranse en cada centro cívico dous sorteos independentes, un para as actividades e outro para os clubs.
Reclamacións ás listas de preinscrición: 5 e 7 de xaneiro
A través do 010 en horario de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00.
Publicación das listas de admisión e de espera: 17 de xaneiro
Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono de Información Cidadá 010.
Reclamacións: 17 e 18 de xaneiro
A través do 010 en horario de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00.
Prazo de inscrición e pago de taxas: 20, 21 e 22 de xaneiro.
O procedemento de pago será o mesmo que en convocatorias anteriores:
A persoa admitida, recollerá o modelo de taxa-autoliquidación na conserjería do centro cívico e, unha vez realizado o pago na sede bancaria, entregará o xustificante de pago de novo na conserjería.
A cota de todas as actividades nesta convocatoria é de 11€ fóra dos apoios escolares, cultura xeral e alfabetización, que teñen carácter gratuíto. Tamén terán carácter gratuíto os clubs porque son impartidos por voluntariado,
As persoas que foron admitidas nos clubs, deberán confirmar a asistencia no centro cívico correspondente nestas mesmas datas.
Os clubs terán un carácter anual do mesmo xeito que en anos anteriores (xaneiro-maio/outubro-decembro). Só sairán convocadas en setembro as prazas vacantes e anularanse aqueles en os que o monitorado decida deixalo.
Data de inicio de actividades/clubs:
A partir do 24 de xaneiro en función da actividade
Data de fin de actividades/clubs:
Última semana de maio.
Bolsas e reserva de prazas
Haberá prazas de apoio e promoción social previo informe técnico
ACTIVIDADES EN LIÑA.-
A través da canle Coruña Acompaña poderanse visualizar diferentes actividades.
mércores, 24 de novembro de 2021
XOGANDO A SER LIBRES: DA EMOCIÓN Á ACCIÓN
Ao longo do mes de outubro, desenvolveuse na escola un proxecto de COEDUCACIÓN EMOCIONAL que abordou desde o ámbito da intelixencia emocional, a identificación e regulación emocional como base de coñecemento para poñernos en marcha e loitar contra a violencia de xénero, fomentando a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través dos valores universais de respecto, tolerancia, diversidade, etc.
O alumnado, a través dos obradoiros profundizou na dimensión emocional de nenas e nenos, conectando cos seus propios “sentires” co obxecto de nomealos e localizalos no seu corpo, e así, poder respectar(se) e acoller a riqueza que supón a diversidade de “ser”.
Estes foron os contidos traballados: Estereotipos e roles de xénero, xogo sexuado, espazo seguro, universo de emocións, ciclo de xestión emocional e diversidade como “ súperpoder”
Agardamos que esa semente lles axude a relacionarse dunha forma máis sá e respectuosa con elas mesmas,
mesmos e co resto dos seus iguais, xerando contornas de maior coidado e
seguridade.
As familias participamos das pílulas formativas, xuntámonos dúas tardes nas que Sara deunos traslado do traballo realizado na aula co alumnado e tamén achegounos pequenas pistas para acadar unha mirada coeducativa de cara a poñer en práctica a educación para a igualdade, desde un enfoque da educación emocional, no ámbito familiar.
Abordamos os seguintes contidos: Retos e logros que detectados nas aulas, foco nos nenos: que pasa con eles?, foco nas nenas: que pasa con elas?, emocións: como as viven? e claves para coeducar emocionalmente.
Queremos compartir con todas vós un pequeno resumo e materiais despois de levar a cabo o proxecto e animarvos a seguir enfocando coas lentes violetas, son moitos os límites e as violencias autoimpostas polo xénero.
https://drive.google.com/file/d/1TKGy928LEuJKdMYcPbPOYbB4TC1OpbEX/view?usp=sharing
A comunidade do Sanjurjo segue traballando por unha escola como espazo de respecto, tolerancia, diversidade e coidados.
martes, 2 de novembro de 2021
Volve a Campaña de Natación para o curso 2021-22
VOLVE A CAMPAÑA DE NATACIÓN
O Servizo municipal de Deportes infórmanos que volve poñer en marcha a Campaña de Natación Escolar dirixida, como sempre, aos escolares de 2º ciclo de Educación Primaria (3º e 4º) .
Achegamos información relativa a
este programa.De todas maneiras enviamos a os correos electrónicos máis detalles sobre a actividade: protocolo covid, material necesario, dípticos de inscripcións..
- Horarios da actividade: mércores de 16:30 a 17:15
- Número de prazas ofertadas: 20
- Piscina de referencia:Piscina de San Amaro
- Dípticos para as inscricións: O díptico, deberá ser entregado pola familia, na ventanilla da piscina municipal onde abonará a taxa correspondente, 47,52€. (Oficinas Clube do Mar). Data de inscripción ata o 8 de novembro
- Data inicio actividade: 15 de novembro
Para esta actividade existe un servicio de bus co seguinte horario e lugar de recollida:
ou ao whatapp do número: 604 049 984
Folla de inscripción:
xoves, 30 de setembro de 2021
XOGANDO A SER LIBRES: DA EMOCIÓN Á ACCIÓN
En anteriores cursos escolares puxemos en marcha o programa “O Sanjurjo con Lentes Violetas” cun obxectivo claro e moi ambicioso, promover a igualdade real entre mulleres e homes e a prevención e rexeitamento das violencias machistas.
Obxectivos xerais do programa:
● Desenvolver
accións de sensibilización e prevención sobre a violencia de xénero,
traballando a prevención, a identificación e informando sobre os recursos e
pautas de actuación.
●
Fomentar
o desenvolvemento integral de nenas e nenos para que poidan gozar dunha “boa
vida”.
●
Educar
na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de xeito real.
●
Informar
sobre as causas e consecuencias da violencia de xénero na nosa sociedade.
●
Transmitir
valores universais, respecto, tolerancia, diversidade, convivencia, etc.
● Educar
as emocións para o recoñecemento, a prevención e intervención en materia de
violencia de xénero.
● Fomentar
relacións baseadas na empatía e o diálogo, a negociación, a cooperación e a resolución
de conflitos de xeito construtivo, capacidade de iniciativa e pensamento
crítico.
●
Fomentar
relacións equilibradas, solidarias e construtivas.
● Fomentar
a construción dunha identidade libre de estereotipos promovendo a adquisición dos recursos necesarios para fomentar
relacións saudables e igualitarias.
●
Fomentar
a participación das familias do CEIP, implicándoas na educación non sexista.
● Mellorar
a convivencia, fomentar a participación e dotar de ferramentas e responsabilidade
social ao alumnado e ás familias.
● Empregar
o xogo como vehículo de comunicación e aprendizaxe.
ACTIVIDADES PROGRAMADAS:
1. CONCERTO COEDUCATIVO “RAMONA ÓRBITA” DE PAKOLAS
2. OBRADOIROS PARA O ALUMNADO
3. PÍLULAS FORMATIVAS PARA FAMILIAS
As pílulas formativas para familias precisan inscrición previa, para garantir o aforo e os protocolos e medidas de seguridade necesarias.
Para inscribiros tedes que escanear o código e directamente facer a solicitude para o obradoiro no que queredes participar. Recibiredes un mail de confirmación da praza coas indicacións necesarias para asistir.
Ou entrar a través deste enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe60qA_v1G3n3NaJuuuZCtaednWcfdvEM7gYJanpShwdJhaBw/viewform?usp=sf_link
mércores, 29 de setembro de 2021
martes, 28 de setembro de 2021
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES QUE FORMAN GRUPO CURSO 2021-22
A continuación mandamos as actividades que formaron grupo e poden comezar en outubro.
A Federación de ANPAs avísanos que arrancan tamén as actividades que están a piques de formar grupo e teñen 8 e 9 inscripcións, pero se non conseguen chegar a 10, en enero cancelan a actividade.
No noso caso, só afecta a ximnasia rítmica de 1º a 3º con 9 inscripcións.
Lembrámosvos:
- Cómo se realizan as inscripcións agora que o formulario está pechado:
- O calendario das actividades
INFANTIL:
Prepatinaxe
Teatro
1º-3º PRIMARIA
Ximnasia Rítmica (9 inscripcións)
Baloncesto
4º-6º PRIMARIA
Comediantes
English Lab
Por outra banda, añadimos abaixo as actividades que teñen 7 inscripcións por se alguén se anima e poden arrincar máis tarde.
ATLETISMO 1º- 3º primaria
PATINAXE 1º-3º primaria
PATINAXE 4º-6ºprimaria
domingo, 26 de setembro de 2021
A NOSA ANPA ESTREA NÚMERO DE TELEFONO
Querémosvos informar do novo número de teléfono da ANPA co fin de abrir outra canle de comunicación, procurar unha maior participación e gañar fluidez na organización.
A idea principal é o uso do whatsapp como ferramenta de comunicación; como primeira acción queríamos facer un grupo de difusión con todas as familias que o soliciten e utilizalo para informarvos das novas, pedir colaboracións puntuais etc.
Para iso precisamos que gardedes como contacto no voso móbil o noso número e nos mandedes unha mensaxe conforme queredes formar parte do novo grupo de difusión.
O noso número é o seguinte: 604 04 99 84
Esperámosvos no whatsapp, aínda que, como xa sabedes, para calquera dúbida tamén tedes o noso mail:anpaesanjurjo@gmail.com e o blog :https://bloganpaes.blogspot.com/
INSCRIPCIÓNS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CON FORMULARIO PECHADO
O formulario de inscrición nas actividades extraescolares da Federación de ANPAS pechou, polo que xa non é posible realizar altas a través da plataforma.
As familias que queiran facer novas inscricións nas actividades extraescolares deberán seguir as seguintes instrucións:
A solicitude farase a través do seguinte correo electrónico:
inscripcionesprogramaslecer@
Para resolver calquera dúbida sabedes que podedes escribir a anpaesanjurjo@gmail.com ou contactar a través de whatsapp no número: 604 049 984
Lembrade que está previsto que as actividades que acaden grupos de 10 inscritos comecen o venres 1 de outubro.
Informámosvos de como van as inscricións a día de hoxe, para que saibades as actividades que xa forman grupo, as que están a piques de conseguir as inscricións mínimas e as que con certeza non poderán desenvolverse.
INSCRICIÓNS INFATIL
INSCRICIÓNS 1º-3º PRIMARIA
INSCRICIÓNS 4º-6º PRIMARIA





