martes, 23 de abril de 2019

CAMPAMENTOS VERÁN MUNICIPAIS E XUNTA





O próximo 4 de maio iníciase a inscrición dos CAMPAMENTOS MUNICIPAIS en dúas modalidades, para o noso alumnado; campamentos de día e urbanos.

Datas de preinscrición para todas as modalidades de campamentos:
  • Días: 4, 6 y 7 de maio
  • Horario: de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h.

Sedes de preinscrición
  • Campamento urbano: Centro cívico no que se desexe solicitar o campamento urbano.
  • Campamentos de día : Centro cívico de Monelos.


Por outra banda a DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA  tamén convocou os CAMPAMENTOS DE VERÁN para maiores de 9 anos, con actividades de ocio e deportivas ( deportes náuticos, de alta montaña, culturais, convivencia, multiaventura, hípicos, etc,). Ofrecen quendas de 8 a 12 días nos meses de xullo, agosto e setembro con aloxamento e pensión completa.

O prazo é ata o 7 de maio.

Podedes consultar as bases no DOG nº76 do 22 de abril ou premendo aquí







mércores, 17 de abril de 2019

Becas comedor curso 2019 / 2020

Achegámosvos a información para solicitar as bolsas comedor para o curso 2019/2020 do Concello da Coruña o prazo de entrega é do 22 de abril ao 6 de maio (ambos incluídos) Pinchando AQUI tendes o documento cos enlaces


mércores, 10 de abril de 2019

RESUMO CONSELLO ESCOLAR 8 DE ABRIL

Consello escolar 8/04/2019
Orde do día

1. Lectura e aprobación da acta do consello anterior

2. Información do proceso de admisión para o curso 2019-2020
4º EI: 13 solicitudes
5º EI: 1 solicitude
2º EP: 1 solicitude
3º EP: 1 solicitude (non ten praza)
4º EP: 1 solicitude

3. Aprobación da excursión de fin de curso
6º EP: Alvarella os días 10, 11 e 12 de xuño
EP: Fervenza Aventura en Silleda, 17 de xuño, entrada 19€
EI: O Ventoso (Laracha) 17 de xuño
* queda pendiente a contratación dos autobuses

4. Presentación do proxecto de orzamento correspondente ao exercicio 2019 e memoria xustificativa do mesmo

5. Informacións varias
Reunión con Silvia Cameán, dirección informa que o proxecto O Noso Patio conta con 15.000€,
estiveron falando no claustro en que facer o gasto, acordaron como prioritario xogos para o patio de primaria
Dirección comenta que se solicitou o pintado do centro educativo.
Informa tamén de que desde o Concello se pensa que é mellor tirar o edificio da ANPA e construir un novo. 
Trasladase o acordo tomado pola asemblea de familias da acción reivindicativa "O sanjurjo perde espazos para escola e para o barrio", apróbase a colocación dunha pancarta, tendo en conta a seguridade polo vento, propoñense como mellores alternativas ou ben empregar tea ou material microperforado, en relación a onde colocala proponse no frontal da entrada enrriba do portalón xa que pareceo lugar máis visible.
O Noso Patio, informase que o material de xogos a cargo do premio de ludantia
que se acordou mercar na última reunión xa chegou, hai que revisar as facturas e o material, e tal e como se acordou entre o profesorado establecer a medidas oportunas para facer uso do mesmo no patio, encargándose o alumnado de facelo ou como consideren máis axeitado.
Diploma premio de UNICEF, dirección informa que a entrega do diploma farase este venres 12 ás 17:00 horas no salón de plenos, en representación do centro acudirá a directora, comentase que sería positivo informar ás familias por se algunha ten interese en participar. Acórdase remitir aviso a través de abalar.
Geni, propón que o alumnado de 4o EP, poda encargarse de medir o cadro que está no local da ANPA para trasladalo ao salón de actos, xa que están a traballar na aula medidas. Despois quedaría pendiente a súa colocación. Valórase moi positivamente a súa proposta, pola implicación ao alumnado.

mércores, 3 de abril de 2019

CACAS NON! APRAZADO AO 26 ABRIL AS 16H

O próximo 26 de abril de 2019 de 16h as 20h,  no marco do proxecto “O Noso Patio”, o CEIP Sanjurjo de Carricarte, barrio de Monte Alto, de A Coruña pon en marcha unha acción de sensibilización coa colaboración da comunidade educativa,  para concienciar as persoas sobre a necesidade de recoller as excrecións caninas que se depositan na pista contigua ao centro baixo o lema “ CACAS NON”.
A acción consistirá en tecer por parte do alumnado, familias e profesorado na verxa do centro o lema “CACAS NON” con materiais de refugallo, así como facer unha “plantada” de carteis nas cacas, como forma de reivindicar o desacordo coas condutas incívicas da veciñanza e loitar por un entorno limpo e saudable para o alumnado do centro que ten que soportar o cheiro e as moscas que revolotean pola pista atentando contra a súa seguridade e saúde.

Esta acción reivindicativa tenta xerar conciencia cidadá e tecer, de xeito metafórico, novos hábitos de respecto as zonas comúns e verdes do barrio, procurando a colaboración da veciñanza a prol da mellora das relacións de convivencia. Conscientes de que as veces estas condutas se repiten por descoñecemento, comodidade ou imitación de malas prácticas. E instando o Arcebispado e ao Concello de A Coruña a colaborar no mantemento e limpeza destas zonas.

As 18h un grupo de alumnado leerá por megafonía un pequeño manifesto reivindicativo.

No caso de que chova aplazase para o día 26 de Abril.

Lembrade traer camisetas blancas e negras vellas para cortar e poder tecer.
Neste enlace podedes ver un documento onde se detalla mais acción 

Tamén temos previsto comezar a construir un panel musical para o que precisamos que aportedes tixolas, cazos, culleres, latas de leite, tapas de aluminio, cascabeles, etc.

Esperámosvos !




OBRADOIRO ALIMENTOS INDUSTRIALIZADOS


O pasado 25 de Abril, Ana Amor, especialista en dietética impartió un obradorio sobre "Alimentos industrializados" axudounos a sentar as bases para xerar criterio a hora de escoller o que comemos. Falounos dos alimentos procesoados e os ultraprocesados, ensinounos a leer e a interpretar as etiquetas para comenzar canto antes a cambiar a lista da compra.

Moitas grazas Ana pola túa colaboración.

Lembrade que próximamente traballaremos sobre o azucre nos alimentos, esperámosvos!



martes, 19 de marzo de 2019

CHARLAS ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O vindeiro luns 25 de Marzo poñemos en marcha tres charlas sobre alimentación saudable impartidas por Ana Amor dietista e nai do noso cole. Aquí deixámosvos o cartel cos temas a tratar nas distintas charlas e o horario e fecha da primeira "Alimentos industrializados", que son? que conteñen? por que debemos evitalos? mais un taller teórico práctico: aprendamos a leer etiquetas.



Moitas grazas Ana por compartir con todas/os nos os teus coñecementos. 
Animádevos a participar!
Lugar: aula de relixión

venres, 15 de marzo de 2019

INVASIÓN NOCTURNA




O pasado10 de marzo, tivemos unha invasión nocturna no centro, un grupo de persoas desfrutaron das instalación do CEIP Sanjurjo de Carricarte para reunirse e divertirse. Ata ahí todo vai ben. Pero non respectaron os espazos deixando todo sucio, con restos de cristais e cabichas, destrozaron o espantallo Hércules entre outras accións.




Desde a ANPA queremos reiterar a nosa denuncia ante as persoas incívicas que no coidan e respectan os espazos, por iso informamos ao centro, o concello, os medios de comunicación, asociación veciños/as, e a sociedade da situación.
Púxemonos en contacto coas persoas educadoras de rúa do barrio e pedímoslle unha reunión.

“O noso patio” é un proxecto transversal do centro que procura entre outros moitos obxectivos cambiar a configuración do patio e os seus usos, como espazo de oportunidades educativas, fomentando actividades diversas, lúdicas e variadas que fomenten a igualdade de xénero e a integración social, transformando estes espazos a través dun proceso participativo continuo e sostible, traballar conxuntamente, incidindo en valores de integración, tolerancia, diálogo, esforzo e ilusión, mellorar a convivencia, fomentar a participación e dotar de responsabilidade ao alumnado e reducir o vandalismo na contorna abrindo os espazos a desfrute da comunidade. E é aquí onde consideramos que está unha das claves.

Deixámosvos o enlace a noticia na TVG (minuto 24.16)



E os enlaces da prensa


Despois do acontecido na escola ao inicio desta semana a Comunidade Escolar do Ceip Sanjurjo de Carricarte púxose mans á obra na loita por conservar os espazos en condicións adecuadas.

Como de todo pódese sacar unha ensinanza e non é posible deixar pasar a oportunidade de aprender que cando ven unha inxustiza hai que loitar contra ela. Decidiuse intervir unha vez máis nas zonas verdes do patio.

Recollemos, reconstruímos a Hércules, o espantallo, plantamos garzas a colaboracións de Jorje, coa axuda voluntaria de Nuria Eguren replantaron a cabana de vimbios e fixeron grupo.

Así é como o Sanjurjo loita contra o vandalismo, educando no coidado e respecto polos espazos públicos.










martes, 12 de marzo de 2019

RESUMO CONSELLO ESCOLAR 11/ 03/2019

No Consello escolar celebrado no día 11 de marzo de 2019 tomáronse os seguintes acordos e trasladáronse diferentes información de interese para a comunidade educativa. Tras a reunión celebrebrouse a xuntanza da Comisión de Convivencia.

Acordos:

·  Solicitadas varias prazas para o Programa educativo municipal POTÉNCIATE de reforzo
educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2018/2019, que se desenvolverá en diferentes centros cívicos municipais.

·  Acordo para a solicitude de apertura do patio ao barrio nas tardes dos venres a partir
das 18:00, sábados, domingos e festivos nos períodos escolares e durante os períodos
vacacionais.

·  Acordo para trasladar o mural que está colocado no edificio do ANPA para o salón de
actos.

Informacións varias:

· O Noso Patio: Nova xornada de plantación e arranxo da cabana natural. O xoves 14 de
marzo o alumnado e profesorado participará nunha nova xornada de plantación das xardineiras e de arranxo e mantemento da cabana natural, para isto na tarde do
mércores aquelas familias ás que lles apeteza participar poderán achegarse ao cole
para preparar os bimbios e deixar o material listo para poder ser manipulado polo
alumnado. Hoxe mesmo o centro enviará un circular informativa.

·  O Noso Patio: De cara ao terceiro trimestre do curso realizarase unha nova acción de pintura do muro e de diferentes xogos no patio.

·  Leite e froita: no mes de abril continuarase co reparto de leite e no mes de maio farase
reparto de froita.

·  Está previsto realizar un obradoiro de primeiros auxilios para o alumnado de cara ao mes de maio. Grazas á colaboración desinteresada dun pai do centro, que será o encargado de levalo a cabo.

·  20 de maio é o día non lectivo elixido polo centro.