luns, 7 de marzo de 2022

Bolsas comedor 2022/23

A pasada semana publicáronse as bolsas comedor para o vindeiro curso 2022/23.

Estas bolsas, coma en anos anteriores, poderán solicitalas tanto as familias de Educación Infantil coma as de Primaria, dende o pasado 2 de marzo ata o día 31 de marzo deste 2022. 

Toda a información está dispoñible na páxina do Concello, que podes consultar facendo clic aquí. 

venres, 11 de febreiro de 2022

A ANPA PRECISA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS

 Prezadas familias,

        Como xa sabedes, o traballo da ANPA é voluntario e del depende o funcionamento de servizos fundamentais para a nosa conciliación familiar como son os de madrugadores, o comedor ou as actividades extraescolares. Agora mesmo, e en gran medida debido á situación sanitaria, somos poucas as persoas que nos encargamos de xestionar estes servizos e en moitos casos consumen todas as nosas enerxías e tempo libre, polo que coutan a posibilidade de botarlle man a outras cuestións.


Neste sentido, sería interesante para toda a comunidade educativa poder contar cun grupo de persoas interesadas en traballar nalgúns dos moitos aspectos que podemos mellorar do funcionamento do noso centro. Para xestionar dunha maneira participativa as vosas colaboracións, ocorréusenos crear unhas comisións que reflictan as liñas principais do noso traballo. Estas comisións van servir tanto para recoller ideas e iniciativas, como para ter apoios puntuais en momentos nos que necesitamos que nos boten unha man ou para poder poñer en marcha proxectos para os que non damos feito.

Para botar a andar estas comisións imos crear diferentes grupos de whatsapp. Son os seguintes:

1. Comedor: seguimento de incidencias, posibles variacións comida /horarios, incidencias,...


2. Actividades extraescolares: seguimento das actividades, planificación, propostas novas, cambios, apoio nos días de exhibición…


3. Comunicación: deseño de carteis, notas no blogue, novas ideas, rrss


4. Proxectos: desenvolvemento doutras iniciativas dentro do centro escolar, proxectos de igualdade, colaboración cos centros penitencANiarios, O noso patio…


5. Grupo da horta: xa en activo; acéptanse novas incorporacións.


Como traballo voluntario que é o da ANPA, cada quen pode colaborar na medida que queira e co que lle pareza: podedes achegar as vosas ideas, algo do voso tempo, parte dos vosos coñecementos, colaborar na toma de decisións...


Para participar, escribidenos! Esperámosvos!

E-mail:anpaesanjurjo@gmail.com

Whatapp: 604 049 984

martes, 8 de febreiro de 2022

O Concello pide retirar as casas de madeira donadas ao patio do cole

 

Como moitas familias sabedes, este ano estreámolo cunhas construcións de madeira novas no noso patio. Estes xogos foron realizados dentro do proxecto "Un patio para tod@s", que se iniciou dende a ANPA en colaboración co CEIP, a empresa FINSA (que doou a madeira) e a Fundación Érguete Integración (quen fixo de intermediaria cos Centros Penitenciarios). Un proxecto que trata de mellorar e facer máis diverso o patio no que xogan @s nos@s fill@s. Un proxecto que foi presentado e aceptado tanto pola dirección do centro como pola Concellería, que amosaron o seu apoio dende o primeiro momento.

Na primeira actividade do proxecto, que case todos a coñecedes porque arrancou o último día do curso pasado 2020/21, todo o alumnado recibiu unha ovelliña feita en arxila por persoas que participan en talleres ocupacionais en centros penitenciarios da provincia. Este pequeno agasallo acompañábase dun vídeo onde as persoas que o realizaban recoñecían o esforzo do alumnado despois de pasar un ano tan dificil pola covid.

Como segunda proposta, o taller ocupacional de madeira do Centro de Inserción Social, grazas a unha doazón feita pola empresa FINSA, realiza dúas casas de madeira, unha cociña infantil, dúas mesas de picnic, unha horta vertical e un mural con casiñas para paxaros que adorna todo o muro da horta.


 


Todas estas propostas son deseñadas na liña de seguir traballando no proxecto O noso patio, un proxecto participativo comunitario que naceu no noso cole hai anos co propósito de deseñar unha zona de patio máis inclusiva, actualizada e vencellada coa natureza.

Agora queremos informarvos do punto no que nos atopamos con este proxecto, xa que nos parece moi grave: Os nenos e nenas non están puidendo xogar coas dúas casas de madeira nin coa cociña, xa que o Concello fixo chegar ao cole un informe da empresa coa que traballan no que nos informaba de supostas deficiencias e advertía de que "todos os xogos de patio debían estar certificados coa normativa europea vixente". 

A ANPA dende o primeiro momento se ofreceu a amañar as posibles deficiencias que puideran ter as construcións para manter a seguridade e benestar do alumnado e con esta información na man, a directiva da ANPA decidiu contratar a unha empresa estatal de certificación de parques infantís (SANPE INGENIERÍA) que analizou toda a zona de xogos do patio. Engadimos ao final deste post a ligazón a informe remitido pola empresa certificadora, sendo dúas as conclusións máis importantes do mesmo:

- Dan conformidade ás dúas casas e cociña de madeira infantil entregadas pola ANPA

- Atopan algunhas deficiencias no estado do parque infantil do centro, que debe amañar o Concello

Despois de entregar dende a ANPA dito informe técnico, o Concello pecha a zona do parque infantil do patio o 20 de decembro para supostamente amañar todas esas deficiencias (e é reaberto na primeira semana de febreiro de 2022, dous meses despois) e nos convoca a unha reunión telemática para informarnos de que o informe técnico que presenta a ANPA expedido pola empresa SANPE INGENIERÍA non se dá por válido para as casas e a cociña de madeira, co que temos que pasar a retirar as casas ou ben pedir unha ampliación do informe á empresa que o expediu. 

Tras contactar con SANPE INGENIERÍA, a empresa certificadora respóndenos que non existen ampliacións de informes e que no seu traballo seguiron o procedemento que teñen dentro da experiencia en certificacións de parques infantís (certifican unos 3.500 ao ano). 

Queremos informarvos a todas as familias, de que non estamos conformes con este procedemento do Concello e é por iso que queremos presentar un escrito para que dende a administración local se nos comunique por escrito a argumentación pola que invalidan un informe técnico expedido por unha empresa certificadora de parques infantís.

Mentres tanto, dende a ANPA seguiremos traballando para que o noso CEIP sexa cada vez un espazo máis inclusivo e vencellado coa contorna e a natureza. 

Materias relacionados:

- Informe que entrega o Concello ao CEIP

- Informe da empresa SANPE INGENIERÍA que contrata o ANPA



martes, 28 de decembro de 2021

NOVAS INSCRIPCIÓNS PARA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ENERO 2022

Ábrese o prazo de novas inscricións nas actividades extraescolares para comezar en enero:

1. As familias que queran unirse aos grupos das actividades que xa están en marcha deben escribir ao seguinte correo electrónico inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org, ou ben chamar ao seguinte teléfono 649 05 59 39 en horario de 10:00 a 13:00h. y de 16:00 a 18:00h. 

Haberá desdoblamento de grupos cando a actividade chegue as 19 persoas inscritas.

Actividades que se están desenvolvendo dende o inicio de curso: https://drive.google.com/file/d/14v6gbbr3sRpqr-BrSf0Imp6RPzBSdnaO/view?usp=sharing

 

2. Actividades novas: por petición dalgunhas familias intentarase formar grupo para iniciar unha nova actividade de VOLEIBOL, neste caso a inscrición farase a través do formulario de inscripción na web da Federación de ANPAs: http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/  cando entredes no link tedes que pinchar en  "Inscricións programas educativos 2021-22", é nese apartado onde tedes que escribir todos os datos.

En principio tentaremos facer dous grupos de voleibol (1º-3º de primaria, 4º-6º de primaria) que se desernvolverán: LUNS- MÉRCORES de 16:00 a 17:00 

É importante que as familias que queirades inscribiros á actividade de voleivol o intentedes facer o longo de esta semana, para poder ter marxe para comezar a volta.

Só se poderá organizar a actividade se as inscricións chegan a 10 persoas

Calquera dúbida tedes o noso correo: anpaesanjurjo@gmail.com e o noso whatapp: 604 049 984

 

luns, 27 de decembro de 2021

ÁBRESE PRAZO DE INSCRIPCION PARA ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS NOS CENTROS CÍVICOS

Ábrese o prazo de preinscripción para as actividades socioculturais nos centros cívicos que se realizarán de enero a maio do 2022. Prográmanse actividades online e presenciais:

  Programa de actividades enero mayo 2022

 INSCRIPCIÓN

Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por orde de preferencia e tres clubs (non se poderán pedir clubs e actividades no mesmo formulario, terase que abrir outro diferente.).

Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.

As persoas que non teñan acceso a Internet, e só nese caso, poderán realizar a preinscrición chamando ao nº de teléfono 881 150 228 eses mesmos días en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Formulario de preinscripción

 Tés toda a información detallada aquí  

 

 PUBLICACIÓN E PROCESO DE INSCRIPCIÓN

Publicación das listas de preinscrición nos centros cívicos: 4 de xaneiro

Publicaranse dúas listas diferentes (actividades e clubs), as cales se poderán consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

Sorteo público : 5 de xaneiro ás 10:00h

Realizaranse en cada centro cívico dous sorteos independentes, un para as actividades e outro para os clubs.

Reclamacións ás listas de preinscrición: 5 e 7 de xaneiro

A través do 010 en horario de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00.

Publicación das listas de admisión e de espera: 17 de xaneiro

Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono de Información Cidadá 010.

Reclamacións: 17 e 18 de xaneiro

A través do 010 en horario de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00.

Prazo de inscrición e pago de taxas: 20, 21 e 22 de xaneiro.

O procedemento de pago será o mesmo que en convocatorias anteriores:

A persoa admitida, recollerá o modelo de taxa-autoliquidación na conserjería do centro cívico e, unha vez realizado o pago na sede bancaria, entregará o xustificante de pago de novo na conserjería.

A cota de todas as actividades nesta convocatoria é de 11€ fóra dos apoios escolares, cultura xeral e alfabetización, que teñen carácter gratuíto. Tamén terán carácter gratuíto os clubs porque son impartidos por voluntariado,

As persoas que foron admitidas nos clubs, deberán confirmar a asistencia no centro cívico correspondente nestas mesmas datas.

Os clubs terán un carácter anual do mesmo xeito que en anos anteriores (xaneiro-maio/outubro-decembro). Só sairán convocadas en setembro as prazas vacantes e anularanse aqueles en os que o monitorado decida deixalo.

Data de inicio de actividades/clubs:

A partir do 24 de xaneiro en función da actividade

Data de fin de actividades/clubs:

Última semana de maio.

Bolsas e reserva de prazas

Haberá prazas de apoio e promoción social previo informe técnico

ACTIVIDADES EN LIÑA.-

A través da canle Coruña Acompaña poderanse visualizar diferentes actividades.

 

 

 

mércores, 24 de novembro de 2021

XOGANDO A SER LIBRES: DA EMOCIÓN Á ACCIÓN

 

Ao longo do mes de outubro, desenvolveuse na escola un proxecto de COEDUCACIÓN EMOCIONAL que abordou desde o ámbito da intelixencia emocional, a identificación e regulación emocional como base de coñecemento para poñernos en marcha e loitar contra a violencia de xénero, fomentando a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través dos valores universais de respecto, tolerancia, diversidade, etc.

Salientar que a programación destas actividades foi posible grazas ás axudas dirixida ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto do estado contra a violencia de xénero.

Contamos unha vez máis con Almas Meraki e Sara Vierna, educadora social, experta en xénero e coeducación emocional foi a encargada de poñer todo isto en marcha.

O alumnado, a través dos obradoiros profundizou na dimensión emocional de nenas e nenos, conectando cos seus propios “sentires” co obxecto de nomealos e localizalos no seu corpo, e así, poder respectar(se) e acoller a riqueza que supón a diversidade de “ser”. 

Estes foron os contidos traballados: Estereotipos e roles de xénero, xogo sexuado, espazo seguro, universo de emocións, ciclo de xestión emocional e diversidade como “ súperpoder”

Agardamos que esa semente lles axude a relacionarse dunha forma máis sá e respectuosa con elas mesmas, mesmos e co resto dos seus iguais, xerando contornas de maior coidado e seguridade.

As familias participamos das pílulas formativas, xuntámonos dúas tardes nas que Sara deunos traslado do traballo realizado na aula co alumnado e tamén achegounos pequenas pistas para acadar unha mirada coeducativa de cara a poñer en práctica a educación para a igualdade, desde un enfoque da educación emocional, no ámbito familiar. 

Abordamos os seguintes contidos: Retos e logros que detectados nas aulas, foco nos nenos: que pasa con eles?, foco nas nenas: que pasa con elas?, emocións: como as viven? e claves para coeducar emocionalmente.

Queremos compartir con todas vós un pequeno resumo e materiais despois de levar a cabo o proxecto e animarvos a seguir enfocando coas lentes violetas, son moitos os límites e as violencias autoimpostas polo xénero.

https://drive.google.com/file/d/1TKGy928LEuJKdMYcPbPOYbB4TC1OpbEX/view?usp=sharing


A comunidade do Sanjurjo segue traballando por unha escola como espazo de respecto, tolerancia, diversidade e coidados.

















martes, 2 de novembro de 2021

Volve a Campaña de Natación para o curso 2021-22

VOLVE A CAMPAÑA DE NATACIÓN


O Servizo municipal de Deportes infórmanos que volve poñer en marcha a Campaña de Natación Escolar dirixida, como sempre, aos escolares de 2º ciclo de Educación Primaria (3º e 4º) . 

Achegamos información relativa a este programa.De todas maneiras enviamos a os correos electrónicos máis detalles sobre a actividade: protocolo covid, material necesario, dípticos de inscripcións..

  • Horarios da actividade: mércores de 16:30 a 17:15 
  • Número de prazas ofertadas: 20
  • Piscina de referencia:Piscina de San Amaro
  • Dípticos para as inscricións: O díptico, deberá ser entregado pola familia, na ventanilla da piscina municipal onde abonará a taxa correspondente, 47,52€. (Oficinas Clube do Mar). Data de inscripción ata o 8 de novembro
  • Data inicio actividade: 15 de novembro

Para esta actividade existe un servicio de bus co seguinte horario e lugar de recollida:




Para calquera dúbida podedesnos escribir a este correo: anpaesanjurjo@gmail.com,

ou ao whatapp do número: 604 049 984

Folla de inscripción:


 

 

xoves, 30 de setembro de 2021

XOGANDO A SER LIBRES: DA EMOCIÓN Á ACCIÓN

 


En anteriores cursos escolares puxemos en marcha o programa “O Sanjurjo con Lentes Violetas” cun obxectivo claro e moi ambicioso, promover a igualdade real entre mulleres e homes e a prevención e rexeitamento das violencias machistas. 

No curso actual queremos apostar por un proxecto que traballa desde o ámbito da intelixencia emocional, a identificación e regulación emocional como base de coñecemento para poñernos en marcha e loitar contra a violencia de xénero, fomentando a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través dos valores universais de respecto, tolerancia, diversidade, etc.

Salientar que a programación destas actividades é posible grazas ás axudas dirixida ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto do estado contra a violencia de xénero.




Obxectivos xerais do programa:

● Desenvolver accións de sensibilización e prevención sobre a violencia de xénero, traballando a prevención, a identificación e informando sobre os recursos e pautas de actuación.

●      Fomentar o desenvolvemento integral de nenas e nenos para que poidan gozar dunha “boa vida”.

●      Educar na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de xeito real.

●      Informar sobre as causas e consecuencias da violencia de xénero na nosa sociedade.

●      Transmitir valores universais, respecto, tolerancia, diversidade, convivencia, etc.

●   Educar as emocións para o recoñecemento, a prevención e intervención en materia de violencia de xénero.

●    Fomentar relacións baseadas na empatía e o diálogo, a negociación, a cooperación e a resolución de conflitos de xeito construtivo, capacidade de iniciativa e pensamento crítico.

●      Fomentar relacións equilibradas, solidarias e construtivas.

●    Fomentar a construción dunha identidade libre de estereotipos promovendo a adquisición  dos recursos necesarios para fomentar relacións saudables e igualitarias.

●      Fomentar a participación das familias do CEIP, implicándoas na educación non sexista.

●  Mellorar a convivencia, fomentar a participación e dotar de ferramentas e responsabilidade social ao alumnado e ás familias.

●      Empregar o xogo como vehículo de comunicación e aprendizaxe.


ACTIVIDADES PROGRAMADAS:


1. CONCERTO COEDUCATIVO “RAMONA ÓRBITA” DE PAKOLAS




2. OBRADOIROS PARA O ALUMNADO




3. PÍLULAS FORMATIVAS PARA FAMILIAS




As pílulas formativas para familias precisan inscrición previa, para garantir o aforo e os protocolos e medidas de seguridade necesarias. 

Para inscribiros tedes que escanear o código e directamente facer a solicitude para o obradoiro no que queredes participar. Recibiredes un mail de confirmación da praza coas indicacións necesarias para asistir. 

Ou entrar a través deste enlace: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe60qA_v1G3n3NaJuuuZCtaednWcfdvEM7gYJanpShwdJhaBw/viewform?usp=sf_link