venres, 19 de maio de 2023

CAMPACOLES 2023

                                         

Ábrese a convocatoria da edición 2023 dos CAMPACOLES, organizados pola Federación Provincial de ANPAS e a Concellería de Educación. Este verán terán como temática os xogos olímpicos, empregando o deporte para educar no esforzo, o xogo limpo, o respecto e a saúde.

mércores, 3 de maio de 2023

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PROGRAMA COXEGAS

 PROGRAMA CÓXEGAS  

Desenvolveráre no mes de xuño dende o xoves día 1 ate o mércores 21, de luns a venres, en horario de 16 a 17 ou de 16 a 18h, segundo demanda.

martes, 14 de marzo de 2023

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ANPA MONTEVIXIA

Precisamos urxentemente máis familias que axuden a xestionar os servizos do ANPA, para poder levalos a cabo: COMEDOR, MADRUGADORES E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.


Son servizos moi importantes para todas as familias e precísase xente para que salgan adiante, non podemos cargar todo ás mesmas persoas. Se nos organizamos entre as familias, todo é máis sinxelo e os servizos gañarán en calidade.

Se o ANPA quédase sen familias que axuden na xestión deses servizos non poden saír adiante, sendo perxudicial para o cole, as famlias e o alumnado.

 Adxúntase convocatoria de asamblea extraordinaria


23 de marzo
Primeira convocatoria: 16:45
Segunda convocatoria: 17:00

Único punto día: Cambio de directiva

Esperámosvos!


luns, 13 de febreiro de 2023

CONVOCATORIA ORDINARIA E EXTRAORDINARIA


Mandamos convocatoria de asamblea xeral e extraordinaria para o próximo xoves, 23 de febreiro pola tarde. 

Se convoca unha ordinaria e outra extraodinaria porque así se require para o cambio de nome, cambio de directiva e renovación de estatutos.

Como vedes votaranse asuntos relevantes, polo que cantas máis familias estean representadas, mellor.

Ademais, como xa os vimos anunciando fai un tempo, o ANPA precisa de familias que axuden nas xestións urxentemente, se queremos que os servizos dos que se ocupa continúen desenvolvéndose.

Para calquera dúbida estamos no mail e whatsapp:

anpaesanjurjo@gmail.com

604 049 984




xoves, 19 de xaneiro de 2023

INICIO PROCESO CAMBIO NOME ANPA

Este principio de ano queremos impulsar algún cambio na ANPA que estaba pendente e é importante xestionar como o cambio de NOME da ANPA, a renovación dos estatutos e o cambio de directiva (aproveitamos para comentar que é urxente e necesario contar con máis manos que axuden para que podan saír as cousas adiante). 


Para conseguir todo isto vamos precisar:


- Que participedes neste Formulario que vos adxuntamos para achegarnos propostas de novos nomes para o ANPA. Animádevos! E importante que participe o maior número de familias.


- Precisamos que as familias que estedes interesadas en apoiar e axudar na organización das tarefas da Anpa os poñades en contacto con nós!


- Próximamente convocaremos asamblea para poder votar sobre estes asuntos tan importantes: cambio de nome, cambio de estatutos, actualización da directiva! 


Comencemos polo máis sinxelo: PROPÓN UN NOVO NOME PARA A NOSA ANPA


https://forms.gle/CkQL3FeReric28Bv6

xoves, 1 de decembro de 2022

Unha fermosa festa de outono en igualdade





Por fin voltamos as familias a disfrutar do espazo do centro. Este pasado mércores 30 de novembro tivo lugar a Festa de fin do proxecto de Igualdade vinculado a "O Noso Patio". Un proxecto desenvolto a través dunhas axudas da Xunta e o Goberno Central (SI449B Axudas dirixidas ás asociaciones de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero), que desenvolveu a Cooperativa Miudiño durante máis dun mes no centro, con varias sesión co alumnado e con familias e profesorado, que buscou alternativas para termos un patio máis igualitario, un espazo dinámico e máis igualitario.

A festa comezou cun obradoiro impartido pola Cooperativa, no que a rapazada puido practicar, sen cancelas, a arte da bricolaxe e a carpintería, facendo formas con patacas, paus, puntas...


De contado, e xa con castañas quentiñas do castañeiro, tortas e biscoitos traídas pola familia... resoaron as gaitas dos amig@s de Son D'Aquí, que fixeron as delicias das crianzas. 

Paralelamente, Leticia, do colectivo Sistema Lupo, deu para familia e profesorado, unha pequena charla de posibles intervencións arquitectónicas en centros de ensino. Un bo xeito de comprobar que outros patios son posibles, son reais.


Ademais, a horta estivo activa e vari@s cativ@s estiveron fouzando na terra, que está preparada para unha nova plantación invernal.




Menú de decembro

 Este é o menú que trae Jardanay este mes de decembro.



martes, 4 de outubro de 2022

Programación do proxecto "O Noso Patio"

 Bo día!

Velaquí vos deixamos a información ao completo sobre os obradoiros e actividades que se van desenvolver nas vindeiras semanas co proxecto "O Noso Patio": 






domingo, 2 de outubro de 2022

COMEZO E DISTRIBUCIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 


LUNS

MARTES

MERCORES

XOVES 

16:00-17:00

TEATRO INF

(SALON DE ACTOS)

PREPATINAXE INF

(PATIO EXTERIOR)

TEATRO INF

(SALÓN DE ACTOS)

PREPATINAXE INF

(PATIO EXTERIOR)


VOLEIBOL 1º-3º EP

(PATIO AZUL)

BALONCESTO 1º-3º EP

(PATIO AZUL)

VOLEIBOL 1º-3º EP

(PATIO AZUL)

BALONCESTO 1º-3º EP

(PATIO AZUL)


HOCKEY 1º -3º EP

(PATIO EXTERIOR)

*BALONCESTO 4º-6º EP

(PATIO EXTERIOR)

HOCKEY 1º -3º EP

(PATIO EXTERIOR)

BALONCESTO 4º-6º EP

(PATIO EXTERIOR)

17:00-18:00

ENGLISH LAB 1º- 3º EP

(AULA RELIXIÓN)

AXEDREZ 1º-3º EP

(AULA RELIXIÓN)

ENGLISH LAB 1º-3º EP

(AULA RELIXIÓN)

AXEDREZ 1º-3º EP

(AULA DE RELIXIÓN)


VOLEIBOL 4º-6º

(PATIO AZUL)

XIM RITMICA 1º-3º EP

(AULA PSICOMOTRICIDADE)

VOLEIBOL 4º-6º EP

(PATIO AZUL)

XIM RITMICA 1º-3º EP

(AULA PSICOMOTRICIDADE)



Os días de choiva as actividades de deporte, de manera provisional, ate que rematen as obras do pavillón, farán uso de aulas interiores do centro: aula de relixión, psicomotricidade, salón de actos, e se fora necesario da biblioteca, sempre acompañado polo monitorado, ben facendo algunha actividade alternativa, ben, con algunha aula técnica sobre o deporte elixido.


O persoal de comedor acompañará as actividades que comecen as 16:00 ao alumnado que utilice o servizo. Os demás serán recollidos polo monitorado a entrada. A entrada e recollida de todas as actividades se fará pola entrada do colexio.


* Co respecto a actividade de baloncesto e debido a gran acollida e o pouco espazo que queda polas obras no pavillón, a ANPA está intentando conseguir máis material, canastas, para que os dous grupos poidan desenvolver a actividade en condicións, o que pode tardar uns días.


Como dixemos con anterioridade, as obras do pavillón colléronnos a todos por sorpresa, e facemos todo o que está na nosa man. 


Grazas pola paciencia e a colaboración.