venres, 3 de maio de 2019

PROGRAMA CÓXEGAS XUNIO

Como estos ultimos anos, no centro está aprobado o PROGRAMA COXEGAS, é un programa municipal para facilitar a conciliacion durante o mes de Setembro e Xuño mentres non den comezo as actividades e o remate das mesmas.

O programa Cóxegas na quenda de xuño, sera do 3 a 21 do mesmo mes, as inscricions podense facer ata o 16 de MAIO: 
  • No local da ANPA no seu horario habitual de atención o publico e o xoves 16 de maio de 9 a 9:30
  • Na oficina da Federación de ANPAS na Rúa Orzán, nº21
COSTE DA ACTIVIDADE 15€ (familias con bolsa comedor gratuíto)


É preciso cubrir un ratio mínimo de 10 nenos e nenas para que a actividade salga adiante, se non se chega o mínimo 
devolverase o importe da mesma.

martes, 30 de abril de 2019

RECOLLIDA DE XOGUETES PARA O PATIO DE INFANTIL


MENÚ MAIO


GRUPO BALONCESTO 3 CLASIFICADO. XOGOS POPULARES



Parabéns ao grupo de Baloncesto do CEIP Sanjurjo de Carricarte por ser o 3º clasificado  nos Xogos populares 2018/2019.



FESTA DAS ANPAS


A FEDERACIÓN DE ANPAS, invítanos a III FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA o próximo 25 de maio. PretÉndese facer unha xornada de convivencia entre as persoas asociadas das ANPAS, as Xuntas directivas, e as familias, unha xornada de participación que sirva para coñecernos, xogar, bailar, comer xuntos e xuntas. 

Este ano manteñen o torneo de fútbol 7 con equipos mixtos (cada ANPA pode inscribir os que consiga facer) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles.

E tamén está prevista unha Foliada na que pode participar calquera que saiba tocar un instrumento e que estea disposto ou disposta a tráelo para bailar unhas repichocas.


O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 3  DE MAIO. 

Ligazón para anotar a participación da ANPA:  https://goo.gl/DMidfu

 TEMPORALIZACIÓN:

10:00 – 10:45 : CHEGADA AO ALBERGUE: RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.
11:00 – 14:00: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA
TORNEO DE FUTBOL EN FAMILIA (por ANPAS)
14:00 - 15:30: XANTAR

HORARIO DE TARDE:

15:30: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA
FOLIADA
CAPOEIRA EN FAMILIA
TROTAMÚSICOS
XOGOS MUSICAIS – ZUMBA
E DEMAIS ACTIVIDADES QUE POIDAN XURDIR.  SORPRESA!!!
17:30 – 18:00 FESTA DA ESCUMA
18:00: DESPEDIDA E PECHE DA XORNADA











venres, 26 de abril de 2019

CACAS NON! CANS SI!

Esta tarde de 16 a 20h un grupo de mais de 50 persoas, participaron da acción reivindicativa baixo o lema CACAS NON! CANS SI, con esta acción de sensibilización a comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte do barrio de Monte Alto quixemos xerar conciencia cidadá da necesidade de recoller as excrecións caninas a prol dunha mellora da convivencia e unha contorna da escola limpa e segura para todos e todas nos.
Esta tarde tecimos na verxa do centro o lema CACAS NON!, plantamos mais dunha trintena de carteis nas cacas da pista contigua todo nun ambiente festivo e divertido. Cantamos, bailamos e coma sempre repoñemos forzas compartindo unha merendola.
Sentímonos orgullosos/as de educar ás nosas fillas e fillos no respecto e coidado dos espazos públicos, así coma na responsabilidade do coidado de animáis de compañía para unha boa convivencia vecinal.
Grazas a todas as familias que gozáchedes e compartichedes esta actividade.









Estamos nos medios:


Concello A Coruña. @concellocoruña


ESTA TARDE. CACAS NON! ACCIÓN REIVINDICATIVA

Como estaba previsto, hoxe día 26 de 16h a 20 h no CEIP Sanjurjo de Carricarte (Monte Alto) está prevista unha acción de sensibilización para concienciar as persoas sobre a necesidade de recoller as excrecións caninas que se depositan na pista contigua ao centro.

A acción consistirá en tecer na verxa o lema "CACAS NON" con materiais de refugallo e facer unha plantada de carteis nas cacas, como forma de reivindicar o desacordo coas condutas incívicas e loitar por un entorno limpo e saudable para o centro CEIP Sanjurjo de Carricarte.

Paralelamente o alumnado lera un pequeno manifesto por megafonía varias veces ao longo da tarde.

E como non, traede merenda para compartir un espazo e tomar forzas.

Esperámosvos, invitade á familia, amigos/as ou a veciñanza a unirse.


martes, 23 de abril de 2019

CAMPAMENTOS VERÁN MUNICIPAIS E XUNTA





O próximo 4 de maio iníciase a inscrición dos CAMPAMENTOS MUNICIPAIS en dúas modalidades, para o noso alumnado; campamentos de día e urbanos.

Datas de preinscrición para todas as modalidades de campamentos:
  • Días: 4, 6 y 7 de maio
  • Horario: de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h.

Sedes de preinscrición
  • Campamento urbano: Centro cívico no que se desexe solicitar o campamento urbano.
  • Campamentos de día : Centro cívico de Monelos.


Por outra banda a DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA  tamén convocou os CAMPAMENTOS DE VERÁN para maiores de 9 anos, con actividades de ocio e deportivas ( deportes náuticos, de alta montaña, culturais, convivencia, multiaventura, hípicos, etc,). Ofrecen quendas de 8 a 12 días nos meses de xullo, agosto e setembro con aloxamento e pensión completa.

O prazo é ata o 7 de maio.

Podedes consultar as bases no DOG nº76 do 22 de abril ou premendo aquí







mércores, 17 de abril de 2019

Becas comedor curso 2019 / 2020

Achegámosvos a información para solicitar as bolsas comedor para o curso 2019/2020 do Concello da Coruña o prazo de entrega é do 22 de abril ao 6 de maio (ambos incluídos) Pinchando AQUI tendes o documento cos enlaces


mércores, 10 de abril de 2019

RESUMO CONSELLO ESCOLAR 8 DE ABRIL

Consello escolar 8/04/2019
Orde do día

1. Lectura e aprobación da acta do consello anterior

2. Información do proceso de admisión para o curso 2019-2020
4º EI: 13 solicitudes
5º EI: 1 solicitude
2º EP: 1 solicitude
3º EP: 1 solicitude (non ten praza)
4º EP: 1 solicitude

3. Aprobación da excursión de fin de curso
6º EP: Alvarella os días 10, 11 e 12 de xuño
EP: Fervenza Aventura en Silleda, 17 de xuño, entrada 19€
EI: O Ventoso (Laracha) 17 de xuño
* queda pendiente a contratación dos autobuses

4. Presentación do proxecto de orzamento correspondente ao exercicio 2019 e memoria xustificativa do mesmo

5. Informacións varias
Reunión con Silvia Cameán, dirección informa que o proxecto O Noso Patio conta con 15.000€,
estiveron falando no claustro en que facer o gasto, acordaron como prioritario xogos para o patio de primaria
Dirección comenta que se solicitou o pintado do centro educativo.
Informa tamén de que desde o Concello se pensa que é mellor tirar o edificio da ANPA e construir un novo. 
Trasladase o acordo tomado pola asemblea de familias da acción reivindicativa "O sanjurjo perde espazos para escola e para o barrio", apróbase a colocación dunha pancarta, tendo en conta a seguridade polo vento, propoñense como mellores alternativas ou ben empregar tea ou material microperforado, en relación a onde colocala proponse no frontal da entrada enrriba do portalón xa que pareceo lugar máis visible.
O Noso Patio, informase que o material de xogos a cargo do premio de ludantia
que se acordou mercar na última reunión xa chegou, hai que revisar as facturas e o material, e tal e como se acordou entre o profesorado establecer a medidas oportunas para facer uso do mesmo no patio, encargándose o alumnado de facelo ou como consideren máis axeitado.
Diploma premio de UNICEF, dirección informa que a entrega do diploma farase este venres 12 ás 17:00 horas no salón de plenos, en representación do centro acudirá a directora, comentase que sería positivo informar ás familias por se algunha ten interese en participar. Acórdase remitir aviso a través de abalar.
Geni, propón que o alumnado de 4o EP, poda encargarse de medir o cadro que está no local da ANPA para trasladalo ao salón de actos, xa que están a traballar na aula medidas. Despois quedaría pendiente a súa colocación. Valórase moi positivamente a súa proposta, pola implicación ao alumnado.