Este é o menú que trae Jardanay este mes de decembro.
xoves, 1 de decembro de 2022
martes, 4 de outubro de 2022
Programación do proxecto "O Noso Patio"
Bo día!
Velaquí vos deixamos a información ao completo sobre os obradoiros e actividades que se van desenvolver nas vindeiras semanas co proxecto "O Noso Patio":
domingo, 2 de outubro de 2022
COMEZO E DISTRIBUCIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
LUNS | MARTES | MERCORES | XOVES | |
16:00-17:00 | TEATRO INF (SALON DE ACTOS) | PREPATINAXE INF (PATIO EXTERIOR) | TEATRO INF (SALÓN DE ACTOS) | PREPATINAXE INF (PATIO EXTERIOR) |
VOLEIBOL 1º-3º EP (PATIO AZUL) | BALONCESTO 1º-3º EP (PATIO AZUL) | VOLEIBOL 1º-3º EP (PATIO AZUL) | BALONCESTO 1º-3º EP (PATIO AZUL) | |
HOCKEY 1º -3º EP (PATIO EXTERIOR) | *BALONCESTO 4º-6º EP (PATIO EXTERIOR) | HOCKEY 1º -3º EP (PATIO EXTERIOR) | BALONCESTO 4º-6º EP (PATIO EXTERIOR) | |
17:00-18:00 | ENGLISH LAB 1º- 3º EP (AULA RELIXIÓN) | AXEDREZ 1º-3º EP (AULA RELIXIÓN) | ENGLISH LAB 1º-3º EP (AULA RELIXIÓN) | AXEDREZ 1º-3º EP (AULA DE RELIXIÓN) |
VOLEIBOL 4º-6º (PATIO AZUL) | XIM RITMICA 1º-3º EP (AULA PSICOMOTRICIDADE) | VOLEIBOL 4º-6º EP (PATIO AZUL) | XIM RITMICA 1º-3º EP (AULA PSICOMOTRICIDADE) |
Os días de choiva as actividades de deporte, de manera provisional, ate que rematen as obras do pavillón, farán uso de aulas interiores do centro: aula de relixión, psicomotricidade, salón de actos, e se fora necesario da biblioteca, sempre acompañado polo monitorado, ben facendo algunha actividade alternativa, ben, con algunha aula técnica sobre o deporte elixido.
O persoal de comedor acompañará as actividades que comecen as 16:00 ao alumnado que utilice o servizo. Os demás serán recollidos polo monitorado a entrada. A entrada e recollida de todas as actividades se fará pola entrada do colexio.
* Co respecto a actividade de baloncesto e debido a gran acollida e o pouco espazo que queda polas obras no pavillón, a ANPA está intentando conseguir máis material, canastas, para que os dous grupos poidan desenvolver a actividade en condicións, o que pode tardar uns días.
Como dixemos con anterioridade, as obras do pavillón colléronnos a todos por sorpresa, e facemos todo o que está na nosa man.
Grazas pola paciencia e a colaboración.
mércores, 28 de setembro de 2022
IMPORTANTE AVISO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
AVISO IMPORTANTE
Estes días dende a Xunta se informou a ANPA de que o pavillón sufrirá obras durante o primeiro trimestre do curso (setembro - decembro), o que afectará ao desenvolvemento das actividades extraescolares tal e como as tíñamos plantexadas. Tendo en conta o caracter inmediato das obras e o pouco marxe de actuación que temos para a procura de solucións, non podemos más que durante estes meses, e de forma provisional, levar a cabo as actividades nos espazos exteriores e interiores do colexo, aínda que non se desenvolvan coas condicións que tiñamos pensadas dende o principio, priorizando a necesidade de conciliación.
O principal problema o darán as actividades de deporte os días de choiva, xa que o cole non dispón de espazos cubertos suficientes. Neses casos a Federación comprométese a ofrecer unha actividade alternativa nos espazos interiores do centro, onde os/as cativos/as poidan estar cun monitor/a.
En todo caso, a Federación comprometeuse a informar esta tarde sobre os grupos que inician actividade e darán facilidades para que con esta información, as familias que o desexen teñan a oportunidade de cambiar algunha de sus opcións. Unha vez se confirmen os grupos, informaremos da distribución provisional.
Dende a Xunta garantízasenos que a partir de xaneiro todo volverá a normalidade.
Lamentamos profundamente ter que informar disto, esperemos que coa cooperación e paciencia de todas as familias da ANPA o levemos o mellor posible.
venres, 9 de setembro de 2022
Programa Municipal de Natación Escolar 2022/23 (3º e 4º de primaria)
- A Campaña de natación escolar organizada polo servicio municipal de Deportes, vai dirixida exclusivamente aos escolares de 2º Ciclo de ED. Primaria (3º e 4º)
- O número de prazas ofertadas e de 20
- A campaña levarase a cabo no Clube de Mar os mércores de 16:30 a 17:17
- O servizo Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que poidan producir na matriculación do alumnado
- Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. O centro garantiráa presenza nun adulto qu eserá o responsable dos alumnos durante o tempo que permanezcan la parada.
- O custo por alumno é de 53, 77€, a cuota inclúe o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria
- O prazo máximo de incrición para os escolares cmeza o 12 de setembro e remata e 23 de setembro
- A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta nas oficinas do Club do Mar. (se adxunta e se mandará por mail e whatapp)
- A fecha prevista de comezo será o 3 de Outubro
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022-23
Anunciamos as actividades extraescolares que se van a ofertar este curso a través de la Federación de ANPAS
As inscricións faránse a través da súa web (http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/) a partir do día 12 de setembro e se manterán abertas durante toda esa semana.
Para que as actividades podan levarse a cabo é necesario que se acaden 10 persoas inscritas en cada unha delas.
1. INFANTIL
xoves, 1 de setembro de 2022
APERTURA DAS INSCRICIÓNS PARA O PROGRAMA COXEGAS
O formulario do programa Cóxegas para o mes de setembro xa está aberto.
O prazo de inscrición é dende hoxe 31 de agosto ata o domingo 4 de setembro (incluído)
Web para a inscrición en www.fedapascoruna.org/
Cota do programa: 15€ por participante. Ademáis todos os escolares deberán abonar 4€ en concepto de seguro de accidentes
Os escolares beneficiarios de beca comedor no presente curso, estarán exentos do pago da cota do programa (15€), aunque deberán abonar o seguro de accidentes (4€)
Condicións do programa: A oferta desde programa plantéxase en función dos seguintes tramos de idade:
· Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)
· Educación Primaria (1º ao 6º curso)
Para a posta en marcha do programa requerirase un mínimo de 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20 desdoblarase o grupo
Horario: Dende o xoves 8 de setembro ata o venres 30 de setembro, de luns a venres, das 16:00 as 18:00 h. O horario de asistencia será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.
Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00 h. (sí a saída, sempre e cando o participante teña marcada esa opción na inscrición).
luns, 20 de xuño de 2022
Aprazada a Festa de Fin de Curso da ANPA
martes, 14 de xuño de 2022
ESCRITO O CONCELLO DAS CATRO ANPAS DOS CEIPS DE MONTEALTO POLA XESTIÓN DOS CAMPACOLES
Onte as catro ANPAS dos CEIP de Monte Alto (Victor Lopez Seoane, Curros Enriquez, Zalaeta e Torre de Hércules) rexistramos no Concello un escrito en protesta pola xestión e a insuficiencia de prazas nos campacoles para o barrio. Reclamamos conxuntamente un servizo real para as familias traballadoras:
luns, 13 de xuño de 2022
BANCO DE LIBROS ENTRE FAMILIAS CURSO ESCOLAR 2022 – 2023
O
banco de libros entre familias é un fondo voluntario para
as persoas que non poden, polos criterios existentes, solicitar a axuda de
libros da Xunta de Galicia (as persoas que solicitan a axuda regulada polo DOG,
que está agora mesmo en prazo de solicitude, é a opción máis segura se se
cumpren os requisitos).
As familias reciben
os libros como préstamo e devólvenos ao final de curso. Cada libro conta cunha
pegatina e un selo da ANPA para identificalos.
O banco de libros cubrirá
para o curso escolar 22-23 os cursos de 4º e 6º de Educación Primaria. Os
libros de 3º EP quedan descatalogados e no curso de 5º EP non haberá libros de
texto por tratarse de curso E-Dixgal, por este motivo só se repartirán e
recollerán doazóns dos libros de 4º e 6º de Educación Primaria
Informarvos de
varios aspectos a ter en conta en relación ao banco de libros entre familias
para o curso escolar 22-23:
1. Os libros de
texto empregados este curso escolar, deberán ser devoltos tal e como se
indicou por abalar ás titorías correspondentes a semana do 13 ao 17 de xuño.
2. O martes 14
de xuño ás 09:00 abriremos formulario para recibir as solicitudes de libros
e doazóns para o curso 22-23, que se pechará o mércores 22 de xuño.
3. Os criterios de
entrega dos libros no caso de rexistrarse máis solicitudes do número de
exemplares dos que se dispón son:
a) Terán prioridade
no reparto aquelas familias que doasen libros ao banco.
b) Rigurosa orde de
recepción dos formularios on line.
4. O reparto
realizarase ao iniciar o curso escolar por parte das titorías no mes de
setembro.
As
familias que queran ser doantes, cubride os datos no formulario e
entregade os libros ata o mércores 22 de xuño ás titorías correspondentes,
cubrindo o Anexo de doazón.
No
mes de xullo remitiremos mail ás familias solicitantes confirmando o número de
libros dos que disporán.
BANCO LIBROS ANPA CURSO ESCOLAR 22-23 – ANEXO DOAZÓN
-
Nome e apelidos da persoa adulta solicitante:
-
Nome e apelidos do alumnado:
-
Curso:
-
Exemplares doados:
Lengua castellana:
Lingua galega:
Ciencias naturais
Ciencias Socias
Matemáticas:
















