luns, 20 de xuño de 2022
Aprazada a Festa de Fin de Curso da ANPA
martes, 14 de xuño de 2022
ESCRITO O CONCELLO DAS CATRO ANPAS DOS CEIPS DE MONTEALTO POLA XESTIÓN DOS CAMPACOLES
Onte as catro ANPAS dos CEIP de Monte Alto (Victor Lopez Seoane, Curros Enriquez, Zalaeta e Torre de Hércules) rexistramos no Concello un escrito en protesta pola xestión e a insuficiencia de prazas nos campacoles para o barrio. Reclamamos conxuntamente un servizo real para as familias traballadoras:
luns, 13 de xuño de 2022
BANCO DE LIBROS ENTRE FAMILIAS CURSO ESCOLAR 2022 – 2023
O
banco de libros entre familias é un fondo voluntario para
as persoas que non poden, polos criterios existentes, solicitar a axuda de
libros da Xunta de Galicia (as persoas que solicitan a axuda regulada polo DOG,
que está agora mesmo en prazo de solicitude, é a opción máis segura se se
cumpren os requisitos).
As familias reciben
os libros como préstamo e devólvenos ao final de curso. Cada libro conta cunha
pegatina e un selo da ANPA para identificalos.
O banco de libros cubrirá
para o curso escolar 22-23 os cursos de 4º e 6º de Educación Primaria. Os
libros de 3º EP quedan descatalogados e no curso de 5º EP non haberá libros de
texto por tratarse de curso E-Dixgal, por este motivo só se repartirán e
recollerán doazóns dos libros de 4º e 6º de Educación Primaria
Informarvos de
varios aspectos a ter en conta en relación ao banco de libros entre familias
para o curso escolar 22-23:
1. Os libros de
texto empregados este curso escolar, deberán ser devoltos tal e como se
indicou por abalar ás titorías correspondentes a semana do 13 ao 17 de xuño.
2. O martes 14
de xuño ás 09:00 abriremos formulario para recibir as solicitudes de libros
e doazóns para o curso 22-23, que se pechará o mércores 22 de xuño.
3. Os criterios de
entrega dos libros no caso de rexistrarse máis solicitudes do número de
exemplares dos que se dispón son:
a) Terán prioridade
no reparto aquelas familias que doasen libros ao banco.
b) Rigurosa orde de
recepción dos formularios on line.
4. O reparto
realizarase ao iniciar o curso escolar por parte das titorías no mes de
setembro.
As
familias que queran ser doantes, cubride os datos no formulario e
entregade os libros ata o mércores 22 de xuño ás titorías correspondentes,
cubrindo o Anexo de doazón.
No
mes de xullo remitiremos mail ás familias solicitantes confirmando o número de
libros dos que disporán.
BANCO LIBROS ANPA CURSO ESCOLAR 22-23 – ANEXO DOAZÓN
-
Nome e apelidos da persoa adulta solicitante:
-
Nome e apelidos do alumnado:
-
Curso:
-
Exemplares doados:
Lengua castellana:
Lingua galega:
Ciencias naturais
Ciencias Socias
Matemáticas:
martes, 7 de xuño de 2022
luns, 23 de maio de 2022
Máis Campamentos de verán
Ademais da listaxe de campamentos municipais de verán, deixamos aquí unha lista con outras alternativas
CAMPAMENTOS DE VERÁN
XUNTA DE GALICIA
Pincha aquí para ver á oferta de campamentos
Inscricións aquí
A inscrición abriuse o pasado mércores 18 de maio. Hay un plazo de siete días para que las familias soliciten plaza . Como en cada edición, haberá ademáis a posibilidade de optar a campamentos específicos para personas con discapacidade de entre 11 e 50 anos.
1. CAMPAMENTOS VERÁN SER OCIO
Está aberto a alumnado de todos os centros, pero se desenvolverá nas instalacións dos seguintes:
- Ceip María Pita
- Ceip Zalaeta
- Albergue de Santa Cruz
- Ceip Novo Mesoiro
- Ceip Juana de Vega
- Ceip Valle Inclán (aberto só desde o 23 de xuño ao 29 de xullo, ata ala semana 5 incluida)
- Ceip Sagrada Familia
- Ceip Cidade Vella
- Los Rosales (Instalación na Plaza Elíptica)
Xogos, deporte, cociña, música, manualidades e moitos talleres divertidísimos!!
- Campamento: 62€/Semana
- Día solto: 14 €/día
- Comedor: 6 €/día
- Madrugadores: 4 €/día
Contacto: campamentos.serocio@gmail.com
2. SER OCIO LOW COST
O campamento LOW COST de verano 2022 desenvolverase en 9 quendas semanais do 23 de xuño ao 29 de agosto nos seguintes centros:
- Ceip María Pita
- Albergue de Santa Cruz
- Ceip Novo Mesoiro
- Los Rosales
O horario do campamento será de 09:00 a 14:00, habendo servizo de madrugadores desde as 07:45 e servizo de comedor ata as 16:00 en caso de necesitarse.
Cada semana haberá sempre talleres, deporte, cociña e manualidades.
3.SER OCIO MAR Y TIERRA
O campamento urbano Mar e Terra do verán 2022 levarase a cabo nas instalacións de Albergue Lar a Mercé en Santa Cruz, Oleiros. Unha contorna privilexiada para gozar deste campamento. As semanas dispoñibles son as seguintes:
- 23 de Xuño
- 1º Semana: do 27 de Xuño ao 1 de Xullo
- 2º Semana: do 4 de Xullo ao 8 de Xullo
- 3º Semana: do 11 de Xullo ao 15 de Xullo
- 4º Semana: do 18 de Xullo ao 22 de Xullo
- 5º Semana: do 25 de Xullo ao 29 de Xullo
- 6º Semana: do 1 de Agosto ao 5 de Agosto
- 7º Semana: do 8 de Agosto ao 12 de Agosto
O horario do campamento será de 09:00 a 14:00, habendo servizo de madrugadores desde as 07:45 e servizo de comedor ata as 16:00 en caso de necesitarse.
Tamén hai opción de traslado en bus desde Coruña (cobre o horario do campamento de 9:00 a 14:00 e está suxeito a mínimos)
O PREZO DO CAMPAMENTO será:
- Opción A (maiores de 8 anos, incluídos): 120 €
- Opción B (de 3 a 7 anos, ambos incluídos): 90
- Día solto: 26 €/día (TODOS)
- Comedor: 40 € campa completo, 12 ?/día solto (TODOS)
- Madrugadores: 25 € campa completo, 8 ?/día solto (TODOS)
- Traslado en bus desde Coruña cidade (suxeito a mínimo e para campamento con horario de 9:00 a 14:00): 8 €/día
- Seguro: 5 € (si xa participaches nalgún campamento de SerOcio non tes que pagar o seguro e de ser o primeiro o seguro estará vigente para este campamento e para o campamento Mar e Terra do verán 2022)
Descontos: os descontos son acumulables e só aplícanse ao concepto campamento, non en días soltos, nin comedor nin madrugadores nin bus:
- 5 % socios de Anpas/Coles asociadas e Empresas Asociadas
- 5 % por inscribirche antes do 20/05/2022
- 5 ?% si traes a un amigo ou irmán
- 5% Si colles semanas consecutivas
Cualquera dúbida en campamentos.serocio@gmail.com
CLUB DO MAR
Tendes toda a información dos campamentos de verán do Club do Mar de San Amaro aquí.
Hai grupos de 4 a 6 e 7 a 13 anos.
sábado, 21 de maio de 2022
Listaxe dos campamentos municipais para este verán
Ademais dos anunciados Campacoles (o que nos corresponde este curso desenvolverase no CEIP Curros Enríquez e cuio prazo de preinscrición é estes 23, 24 e 25 de maio nesta ligazón), queremos compartir unha serie de alternativas abertas dende entidades públicas.
Durante estes días iremos informando doutras opcións tanto públicas como privadas.
O Concello da Coruña, ademais dos Campacoles, ofrece as seguintes posibilidades, que requiren unha inscrición online a través da web municipal:
INSCRICIÓN do 23 de maio ás 8:00h ao 25 de maio ás 21:00h
Campamentos de Mocidade: (Preinscrición nos campamentos de verán)
Destinatarios: Mozas e mozos de 12 a 17 anos (nados entre 2005 e 2010).
Datas: Xullo de 2022 en dúas quendas de 9-10 días.
Prezo: de balde
Campacoles: (inscricións en https://fedapascoruna.org/)
Destinatarios: Escolares de 2º ciclo de EI ou EP matriculados nun CEIP do Concello no actual curso 2021/22.
Datas: Do 27 de xuño ao 29 de xullo en 5 quendas de 5 días.
Prezo: 25euros
Summer Talk: (inscricións en https://fedapascoruna.org/)
Destinatarios: Escolares matriculados nos cursos de cuarto a
sexto ano de Primaria, e de primeiro a cuarto ano da ESO en centros
públicos do Concello, no actual curso 2021/22.
Datas: Do 27 de xuño ao 29 de xullo en 5 quendas de 5 días
Prezo: 20euros
Campamentos Fórum e Ágora: (Preinscrición nos campamentos de verán do Fórum Metropolitano
/
Preinscrición nos campamentos de verán do Ágora)
Destinatarios: Menores nados entre 2018 e 2010. Na quenda
especial para adolescentes no Ágora, poderán participar as e os menores
nados entre 2009 e 2006.
Datas: Do 27 de xuño ao 2 de setembro en 5 quendas de 9-10 días.
Prezo: de 35 a 45 euros.
Campamentos Aquarium Finisterrae: (Preinscrición nos campamentos de verán)
Para Menores de 11 a 14 anos.
Datas: Do 27 de xuño ao 28 de xull
Prezo: 29,09 euros.
Escola de verán da OMIC: (Preinscrición na escola de verán)
Destinatarios: Menores de 4 a 10 anos.
Datas: Do 1 ao 29 de xullo.
Prezo: de balde
INSCRICIÓN OS 1, 2 e 3 de xuño nas web municipal para os seguintes:
Campamentos urbanos nos centros cívicos
Para nenas e nenos nados do 1/01/2010 ao 31/12/2018
Do 1 de xullo ao 7 de setembro en cinco quendas de 15 días.
Prezo: Entre 26 y 32 euros.
Campamentos de día:
Para nenas e nenos nados do 1/01/2010 ao 31/12/2018.
Datas: Do 1 de xullo ao 31 de agosto en catro quendas de 15 días.
Prezo: 85€
Para Rapaces e rapazas nados entre o 1/01/2006 ao 31/12/2014.
Datas: Do 10 de xullo ao 13 de agosto en catro quendas de sete días.
Prezo: 85 euros
Campamentos deportivos:
Para: Menores de 6 a 13 anos.
Datas: Do 27 de xuño ao 4 de setembr
Prezo: 25euros.
xoves, 19 de maio de 2022
Campacoles verán 2022
Bo día
Enviamos a información do programa Campacoles verán 2022 recibida por parte da Federación de ANPAs:
A temática xirará en torno a natureza e os catro elementos: terra, auga, lume e aire. “A nai natureza alértanos dos perigos que está a sufrir pola acción do home e poñerlle freo é cousa de todos.
Por iso, este verán nos Campacoles tomaremos conciencia do coidado, protección e conservación do planeta, así como dos seres vivos que forman parte dela.
A nosa misión consistirá en axudar á Fada da Natureza para salvar o Planeta Terra, e para iso primeiro debemos coñecer, valorar e respectar a natureza e os elementos que a forman.
Formaremos brigadas de exploradores que descubrirán e coñecerán as características e a importancia e que teñen os 4 elementos da natureza na vida do home que a manteñen viva: A TERRA, O AIRE, A AUGA E O LUME.”
As actividades que se programan abranguen diferentes áreas de contidos, polo que terán un carácter multidisciplinar, permitindo así realizar actividades moi variadas, dende propostas de animación á lectura, xogos de enxeño, actividade motriz, musicais, teatrais, etc.
ESTRUCTURA:
Adiantámosvos as principais características deste programa estival de recreación, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns 27 de xuño ata o venres 29 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes. O último día de cada quenda todos os participantes farán unha saída no entorno da cidade ou mancomunidade, cunha ampliación do horario ata as 15:30h.
QUENDAS
Quenda 1: Do 27 de xuño ao 1 de xullo.
Quenda 2: Do 4 ao 8 de xullo.
Quenda 3: Do 11 ao 15 de xullo.
Quenda 4: do 18 ao 22 de xullo.
Quenda 5: do 26 ao 29 de xullo.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Madrugadores: de 8:30 a 10:00h.
Comedor: de 14:00 a 15:30h. (con posibilidade de saída ás 15:00h. salvo o día da saída que será ás 15.30h).
Contemplarase a media mañá unha parada entre as 11:00 e 11:20 h., aproximadamente, para tomar unha pequena merenda que os escolares poderán levar da casa.
CENTROS SEDE
CEIP Alborada
CEIP Anxo da Garda
CEIP Curros Enríquez
CEIP Juan Fernández Latorre
CEIP María Barbeito
CEIP San Pedro de Visma
CEIP Wenceslao Fernández Flórez
PRAZAS
45 prazas por sede (tres grupos).
A ratio mínima para levar a cabo o campacole será de 15 escolares por sede, e de 10 escolares para os servizos de madrugadores e comedor.
DESTINATARIOS
Escolares que estiveran matriculados nun CEIP do Concello da Coruña no curso 21/22.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición, tendo preferencia dentro dese criterio xeral:
1º. O primeiro día de inscrición, os escolares matriculados no centro sede no que solicitan a/s quenda/s.
2º. O segundo e demais días de inscrición, os usuarios de calquera das actividades extraescolares da Federación Provincial no curso 21/22, con independencia do CEIP no que estean matriculados. A continuación o resto de solicitantes da actividade.
COTAS POR PARTICIPANTE E QUENDA:
CAMPACOLE: 20€.(*)
MADRUGADORES SEN ALMORZO: 10€.
MADRUGADORES CON ALMORZO: 17€.
COMEDOR: 25€.
SEGURO DE ACCIDENTES 4€ (**)
*Estarán exentos da cota de campacole (de 10:00 a 14:00h.) os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 21/22.
**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2021/22 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”, “English Lab” ou “On Parle”).
PRAZOS
Preinscrición: 23, 24 e 25 de maio de 2022 na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Listaxe de admitidos: 1 de xuño de 2022. (Publicarase na web municipal, no 010 e na web www.fedapascoruna.org )
Inscrición e abono: 8, 9 e 10 de xuño de 2022.
Xestión da listaxe de agarda: do 16 ao 21 de xuño de 2022
mércores, 4 de maio de 2022
Fin actividades e inicio programa Coxegas
Entramos xa na recta final do curso e queremos lembrarvos que a data de finalización das actividades extraescolares no centro será o vindeiro 31 de maio
luns, 25 de abril de 2022
martes, 5 de abril de 2022
Resumo do Consello Escolar celebrado o 4 de abril de 2022.
O primeiro punto da orde do día foi a adhesión do colexio ao Programa eDixgal, o programa de dixitalización da Xunta para establecer o libro electrónico nos cursos de 5º e 6º Priimaria. Un programa ao que xa pertenceu o colexio pero que saíu en 2017, e que agora volve un pouco obrigado pola mala calidade do servizo que ofrece o proxecto Abalar. É dicir, explicaron que a Xunta estaba invitando aos centros a cambiar Abalar por eDixgal, polo que os que mantiñamos o Abalar tiñamos equipos electrónicos moi vellos imposibles de utilizar.
Antes as dúbidas que formulou a ANPA sobre o uso excesivo das pantallas a esas idades, a dirección asegurou que vai ser unha aprendizaxe mixta, e que se vai seguir traballando con libreta e boli, e que o libro electrónico vai ser material de apoio pero non o único.
O profesorado terá que facer varias sesións formativas, e o colexio convocará unha reunión coas familias previa a comezo do curso para explicar o uso dos novos ordenadores que cada alumn@ poderá levar para casa. A adhesión foi aprobada por unanimidade.
O segundo punto deu conta do proceso de matriculación, dando conta das 21 solicitudes que temos para o vindeiro curso en 4º Infantil, e 1 para 6º Primaria. A matrícula ordinaria formalizarase do 20 ao 30 de xuño, pero tendes toda a información na web do centro.
Dirección explicou, por encima, a celebración, a semana pasada, da Comisión de Convivencia: dende a ANPA estamos traballando na organización de varios obradoiros de resolución de conflitos para desenvolver con familias e profesorado, a través do CFR (Centro de Formación e Recursos do Profesorado da Coruña).
Propuxemos tamén a idea de tratar cos Axentes de Convivencia da Policía Local (que fan obradoiros) e trasladamos que a Xunta ten unha Unidade Específica sobre Bulling, que no seu caso podería ser convocada.
O último punto da orde do día era dar parte da compra dun novo sistema de megafonía, que permitirá que a secretaria poida realizar a súa playlist con maior liberdade. Sinalaron que a música da mañá non sei escoita na entrada porque os altofalantes están enfocados para o patio, en parte para non molestar aos edificios de enfronte.
Nos Rogos e Preguntas trasladamos algunhas das inquedanzas que fumos falando no seo da ANPA estes días.
Pedimos ampliar a zona amarela na entrada do cole para evitar os coches durante as entradas e saídas. Sinalaron que xa se pintou este mes de setembro unha zona amarela (o ano pasado apenas había metro e medio) pero tanto o centro como o ANPA podemos solicitar ao Concello ampliar a zona de prohibido aparcar.
Preguntamos pola lista de melloras que necesita o centro. Dende o centro mantense un listado actualizado constantemente, en contacto directo co Concello e Xunta para ir solventando problemáticas e aceptan lle enviemos ao correo do centro as necesidades que vexamos que precisan mantemento.
Por último, propuxemos poñer en valor a Multiculturalidade que temos a día de hoxe no noso centro. Caeu ben a idea de que o proxecto vinculado coa Multiculturalidade podería ser un fío condutor do curso que vén para todo o centro.





