martes, 7 de setembro de 2021
AVISOS IMPORTANTES COMEDOR 2021-22
xoves, 2 de setembro de 2021
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2021-22
Deixamos a continuación o calendario de actividades extraescolares para o curso 2021-22, ademáis das descripcións de cada actividade e o modo de inscripción, avisaremos cando a Federación abra o prazo, de momento, está aberta a inscripción no programa COXEGAS, do que tamén se añade toda a información necesaria.
Para calquera dúbida sabedes que podedes escribirnos a o noso mail: anpaesanjurjo@gmail.com
CALENDARIO INFANTIL
CALENDARIO 1º-3º PRIMARIA
CALENDARIO 4º-6º PRIMARIA
DEPORTE NO CENTRO
Programa que favorece o desenvolvemento integral do alumnado a través da práctica da actividade física e deportiva.
A metodoloxía empregada baséase nun modelo participativo e activo de tódalas persoas do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que se sentan a gusto na actividade. Unha metodoloxía que desenvolva aspectos como a creatividade, a experimentación múltiple, a resolución de conflitos e o crecemento persoal.
COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 21/22 nos seguintes períodos:
• Período outubro-decembro: 15E por participante e escola deportiva.
• Período xaneiro-marzo: 15E por participante e escola deportiva.
• Período abril-maio: 10E por participante e escola deportiva.
Actividades ofertadas: Xogos tradicionais
Prepatinaxe
Patinaxe
Ximnasia Rítmica
ARTE E CULTURA NO CENTRO: OBRADOIROS E PROXECTOS
OBRADOIROS
Son actividades multidisciplinares que abranguen diferentes áreas de contados artísticos e culturais baixo unha estrutura de obradoiros. Trátase de espertar o interese e desenvolver diferentes habilidades segundo o contido de cada un deles, empregando o xogo como ferramenta educativa e de socialización.
COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 21/22 nos seguintes períodos:
• Período octubre-decembro: 15 € por participante e Obradoiro.
• Período xaneiro-marzo: 15 € por participante e Obradoiro.
• Período abril-maio: 10 € por participante e Obradoiro.
As cotas dos obradoiros de “Mans que falan” e “Acenos” serán as seguintes:
• Período octubre-decembro: 7,5 € por participante e Obradoiro.
• Período xaneiro-marzo: 7,5 € por participante e Obradoiro.
• Período abril-maio: 5 € por participante e Obradoiro.
(*) Os obradoiros de “MANS QUE FALAN” e “ACENOS” teñen unha duración de 1 hora
semanal dada a natureza da actividade.
OBRADOIROS EDUCACIÓN INFANTIL:
OBRADOIROS 1º A 3º EDUCACIÓN PRIMARIA:
OBRADOIROS 4º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA:
PROXECTOS
É unha actividade na que partindo dun centro de interese ou tema motivador e baixo a metodoloxía de “traballo por proxectos”, desenvolveranse diferentes actividades multidisciplinares nas que as verdadeiros protagonistas serán os menos e nenas xerando a súa propia aprendizaxe (aprendizaxe significativo) a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo.
COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 21/22 nos seguintes períodos:
• Período octubre-decembro: 18 € por participante e Proxecto.
• Período xaneiro-marzo: 18 € por participante e Proxecto.
• Período abril-maio: 12 € por participante e Proxecto.
As cotas inclúe saídas culturais a espazos ou entidades da cidade ou visitas de persoas de referencia, segundo o proxecto, ao propio centro.
ACTIVIDADE: ENGLISH LAB
Proposta específica para lingua inglesa no programa Idiomas non Centro, centrada na adquisición de comprensión e fluidez da comunicación oral na devandita lingua.
COTAS A ABOAR NON CURSO 21-22
• Período outubro-decembro: 45 €
• Período xaneiro-marzo: 45 €
• Período abril-maio: 30 €
INSCRICIÓN E PRAZO
A inscrición farase en liña a través da ligazón posta a disposición para este programa. http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/
Do 1 ao 19 de setembro de 2021.
As escolares inscritas aboarán unha única cota de 4 € en concepto de seguro de accidentes,que lles dará cobertura en todos os prográmas xestionados pola Federación de Anpas para ou curso 21/22.
Estarán exentos de calquera cota (agás a do seguro de accidentes) as persoas que xustifiquen ser beneficiarias da beca comedor para o curso 21/22.
PROGRAMAS COMPLEMENTARIOS DE OCIO E CONCILIACIÓN
CÓXEGAS: programa compementario de ocio e conciliación
O programa Cóxegas é unha proposta que da resposta á demanda de conciliaciónfamiliar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as Anpas non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).
PERÍODO DE REALIZACIÓN
• Período 1: do 9 ao 30 de setembro // • Período 2: Do 1 ao 22 de xuño MENTARIOS
HORARIO: de luns a venres, das 16:00 ás 18:00 h.
PREZO / CUSTO: 15 € por cada período.
PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
Inscrición on- line na seguinte ligazón www.fedapascoruna.org/inscripciones
• Período 1: A partires do 1 de setembro de 2021.
• Período 2: Do 3 ao 9 de maio de 2022.
Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4 E en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación deAnpas para ou curso 21/22.
Grazas familias por coidar da nosa horta!
Queremos agradecer a todas as familias implicadas na horta da nosa escola o coidado que fixeron dela durante todo o verán. E é que as vacacións de verán sempre son un risco para os espazos verdes do CEIP que quedan ao cargo exclusivamente das familias, pero nós temos a sorte de ter xente moi implicada que se organizou para manter todos os espazos verdes e a horta da nosa escola.
O proxecto da horta segue vivo grazas a máis de dez familias que colaboraron, achegándose por quendas durante dous días á semana, e facendo labores de regado da horta e das xardineiras, da limpeza de malas herbas e o coidado das verduras e hortalizas.
Deixamos algunhas fotos para que podades apreciar o gran traballo que se fixo durante os meses de xullo e agosto:
Esperemos que esto sirva para que o proxecto da horta continúe vivo e sirva como recurso educativo a todas as aulas do CEIP, as familias colaboradoras e todas aquelas novas que se queiran unir, só teñen que enviarnos un mail a: anpaesanjurjo@gmail.com
martes, 10 de agosto de 2021
ÁBRESE O PRAZO PARA INSCRIPCIÓN NO SERVIZO DE COMEDOR
Servizos de comedor e madrugadores
Hoxe, 10 de agosto, ábrense os prazos de inscrición nos servizos de comedor e madrugadores poidéndose facer ata o 30 do mesmo mes.
Durante o resto do curso: as novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial poderanse realizar na web ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas unicamente a partir do día 1 do mes seguinte.
Os formularios cumprimentaranse a través da web: https://jardanaycomedores.es/ . Tamén tedes o enlace na columna dereita do noso blogue.
- Usuario: sanjurjo
- Contrasinal: comedores2021
É necesario ser socio/a da ANPA para facer uso dos servizos de comedor e madrugadores.
As instrucións para formular a alta, os prezos dos servizos e outras explicacións de interese (funcionamento de Jardanay na casa, seguros, dietas e alerxias alimentarias), podédelas atopar nas fotografías que añadimos a continuación. Os menús, como o ano pasado, estarán dispoñibles trimestralmente no blog da ANPA.
No caso de quererdes facer algunha queixa, suxestión ou comentario sobre este servizo, pregámosvos que vos poñades en contacto con nós a través do correo electrónico da ANPA: anpaesanjurjo@gmail.com
Alta asociación 2021-2022
Para participar nas actividades propias da ANPA é necesario asociarse, para o que debedes encher este formulario . A cota é 20 € anuais por familia + 5 euros de seguro por cada neno/a.
O pagamento da cota farase a través do mesmo formulario indicando o número de conta bancaria. Dende a ANPA, ao longo do mes de outubro, realizaremos un cargo polo importe total, sen custos adicionais.
O seguro cubre calquera accidente que teña lugar durante as actividades extraescolares, obradoiros, festas, saídas etc, organizadas pola ANPA. Aquelas familias que recibiron unha bolsa de estudos no curso 2020/2021 estarán exentas do pago dos seguros, que correrán a cargo da ANPA.
O prazo de inscrición está aberto e finaliza o 15 de setembro.
Se tedes dúbidas ou dificultades podedes contactar con nós a través do mail: anpaesanjurjo@gmail.com
luns, 5 de xullo de 2021
AVISO IMPORTANTE: Publicados os listados de requerimento de documentación das solicitudes da bolsa comedor municipal para o curso 2021/2022
Están xa publicados no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, os listados de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022.
Pódense consultar en:
- Taboleiro de edictos
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=view&id=13610
- Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/serviciossociales/
Os listados cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.
O prazo para a presentación da documentación requirida é do 5 ao 16 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
xoves, 17 de xuño de 2021
Persoas do C.I.S. de A Coruña y del C.P de Teixeiro crean agasallos para o alumnado do noso CEIP
luns, 14 de xuño de 2021
BANCO DE LIBROS "ENTRE FAMILIAS" PARA O CURSO 2021-2022
INFORMACIÓN XERAL DO BANCO DE LIBROS PARA O CURSO 2021-2022
O banco de libros "Entre familias" é un fondo voluntario e complementario, podendo solicitalo as persoas que non reciben libros do fondo solidario da Xunta de Galicia.
Para o curso 2021-2022, debido o cambio de libros nos cursos de 3º e 5º de Educación Primaria este ano, o banco precisa das novas doacións destes libros para poder ofrecelos.
FUNCIONAMENTO DO BANCO DE LIBROS
O profesorado recolle ata o venres 18 de xuño, na aula, todos os libros do banco, tanto os que teñen que devolverse coma as novas doacións, lembrade entregalos en bo estado de conservación, sen subliñar e sen nome.
As familias que queran solicitar libros do banco para o curso 2021-2022 poden facer xa petición neste formulario online ata o 5 de xullo ás 14h.
Mandarémosvos un mail confirmando a data e forma de entrega.
CRITERIOS DE ENTREGA
No caso de rexistrarse máis solicitudes* do número de exemplares dos que se dispón empregaremos os seguintes criterios:
· Terán prioridade no reparto aquelas familias que doasen libros ao banco
· Rigorosa orde de recepción dos cuestionarios on line
*Desde este fondo non é posible garantir que se poidan recibir o mesmo número de libros que se doan.
NORMAS DE USO DO BANCO DE LIBROS
Os libros de texto correspondentes ao proxecto do Banco de Libros “Entre familias” é unha iniciativa voluntaria. As familias reciben os libros como préstamo e devólvenos ao final de curso. Cada libro conta cunha pegatina e un selo da ANPA para identificalos.
Para o USO CORRECTO dos libros deben terse en conta as seguintes NORMAS:
· Débense FORRAR OS LIBROS para preservar a súa conservación.
· O nome d@ alumn@ porase enriba do forro, cun folio e celo por riba. PROHÍBESE O USO DE ETIQUETAS, dado que son imposibles de quitar de un ano para outro. Nunca se escribirá o nome dentro do libro.
· Os libros non se poden escribir nin subliñar, nin facer ningún tipo de debuxo ou escrito neles(importante concienciar @s nen@s).
Considérase mal uso ou deterioración do libro de texto:
1. Realizar exercicios nas propostas de actividades, os exercicios fanse nas libretas.
2. Escribir palabras e mensaxes en calquera formato.
3. Facer debuxos ou pór adhesivos.
4. Dobrar as follas para marcar os temas.
5. Ensuciar as páxinas con calquera produto. Evitar merendar ou comer diante dos libros.
6. Romper, engurrar ou mollar calquera folla do libro.
En caso de deterioro moi grave ou perda dalgún libro, este deberá ser reposto pola familia.
En caso contrario, a negativa suporá renunciar a participar no proxecto de banco de libros para o curso seguinte.
venres, 11 de xuño de 2021
Listaxe de admitidas e de agarda para os Campacoles 2021
Vén de publicarse na web da Federación de ANPAs a relación de admitidas e en agarda para os Campacoles deste verán. Tedes toda a información na web da Federación
http://fedapascoruna.org/2021/06/10/campacoles-2021-listaxes/
venres, 21 de maio de 2021
Convocadas as axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Vén de publicarse no DOG a convocatoria de axudas para a compra de libros e material escolar para o vindeiro curso 2021/22.
AXUDA Á COMPRA DE LIBROS
As persoas beneficiarias serán as alumnas e alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial. Estas axudas, coma en anos anteriores, estarán supeditadas á renda:
- Renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ en 1º e 2º EP: 210€
- Renda per cápita superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€ en 1º e 2º EP: 140€
- Alumnas e alumnos de Educación Especial e discapacidade igual ou superior ao 65%: 275€ sen importar a Renda per cápita.
FONDO SOLIDARIO
O programa de préstamo de libros mantense este ano nos curso 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, para todos os libros de texto que se atopen dispoñibles no fondo solidario do centro.
Garantías do Fondo Solidario:
- Mínimo de 6 libros para as alumnas e alumnos con Renda per cápita igual ou inferior a 6.000€
- Mínimo de 4 libros para as alumnas e alumnos con Renda per cápita superior a 6.000€ e inferior a 10.000€
CHEQUE MATERIAL ESCOLAR
Esta axuda económica está orientada ao pago de material escolar, roupa deportiva, dispositivos electrónicos que se vaian empregar no centro, calzado e mochila. As solicitudes tramitaranse nos centros escolares segundo se vaian recibindo e serán entregados os cheques só tras presentar a documentación requirida e comprobar o cumprimento dos requisitos:
- Renda per cápita igual ou inferior a 6.000€: 50€
O prazo de solicitude é do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.
A solicitude pode realizarse de xeito telemático ou nos centros escolares.
Campacoles verán 2021
Ábrese a convocatoria da edición 2021 dos CAMPACOLES, organizados pola Federación Provincial de ANPAS e a Concellería de Educación. Este verán terán como temática os xogos olímpicos, empregando o deporte para educar no esforzo, o xogo limpo, o respecto e a saúde.
O noso cole é este ano centro sede do Campacoles 2021, que conta con 2.250 para toda a cidade.
PERSOAS DESTINATARIAS
Nenas e nenos matriculadas nalgún curso de Educación Infantil ou Primaria nos centros de ensino público da Coruña.
QUENDAS
1ª Quenda: do 28 de xuño ao 02 de xullo
2ª Quenda: do 5 ao 9 de xullo
3ª Quenda: do 19 ao 23 de xullo
4ª Quenda: do 26 ao 30 de xullo
HORARIOS
Horario xeral: De luns a venres de 10h a 14h, con posibilidade de ampliación de horario no último día de cada quenda ata as 17h.
Madrugadores: de 8h30 a 10h
Comedor: de 14h a 15h30, con posibilidade de saír ás 15h
INSCRICIÓN
As prazas asignaranse por orde de inscrición, tendo prioridade as alumnas e alumnos matriculadas nos centros sede, seguidas das matriculadas nos centros adscritos ao centro sede.
Preinscrición: 24, 25 e 26 de maio a través da web www.fedapascoruna.org/inscripciones
Publicación de preadmitidas/os: 10 de xuño nas páxinas coruna.gal/campamentos2021 e www.fedapascoruna.org
Inscrición: do 11 ao 15 de xuño
Lista de agarda: do 16 ao 21 de xuño
COTAS DE INSCRICIÓN
15€ para horario xeral
10€ para madrugadores sen almorzo
16€ para madrugadores con almorzo
22€ para comedor
As menores beneficiarias da bolsa comedor no curso 2020/21 estarán exentas da cota xeral (15€)
Toda a información dos CAMPACOLES está dispoñible neste documento descargable, nas páxinas web www.fedapascoruna.org e coruna.gal/campamentos2021, e nos teléfonos 981202002, 649055939, 698158503














